Biscoito de cereixas e albaricoques / Apricot and cherry cake

Biscoito de cereixas e albaricoques

Agora estamos en tempada de froitas de carabuña e aquelas persoas que xa me coñezan un chisco e sigan algo o blogue, saben que devezo polas lambetadas con froitas de tempada, polo que xa tocaba un biscoito con estas dúas froitas. E como coas cereixas xa fixera clafoutis ou madalenas, tiña gana de facer un biscoito de cereixas, mais combinado con outra froita, para darlle un toque diferente. Os biscoitos son unha lambetada que a min nunca deixa de sorprenderme pois cun simple cambio dalgún dos seus ingredientes, o resultado xa é moi diferente. Desta vez, nada de azucre, mais si mel, que non vou dicir que sexa máis saudábel nin nada diso, porque non o é, mais si que aporta outro tipo de dozura e axuda a que o biscoito fique máis esponxoso.

Ingredientes

  • 150 gramos de cereixas
  • 5 albaricoques
  • 50 gramos de fariña de espelta integral
  • 200 gramos de fariña triga
  • 1 sobre de fermento químico
  • 1 culleradiña de canela en po
  • 1/2 culleradiña de bicarbonato
  • 1 belisco de sal
  • 100 ml de mel
  • 85 ml de xirasol
  • 3 ovos
  • 1 iogur natural sen azucre

Molde: redondo de 20 cm

Preparación

  1. Partimos as cereixas ao medio e sacámoslles a carabuña. Poñemos o forno a quentar a 180ºC.
  2. Pelamos os albaricoques, sacámoslles a carabuña e cortámolos en rodelas. (Hai quen os bota coa pel mais a min dáme calafríos)
  3. Nun bol, mesturamos ingredientes secos, peneirando a fariña.
  4. Quentamos un pouco o mel para que perda densidade e mesturámolo cos ingredientes húmidos.
  5. Mesturamos tódolos ingredientes e botámosllte as froitas, deixando 4 metades de cereixas e unhas cantas rodelas (as máis bonitiñas) de albaricoque para decorar o biscoito por riba.
  6. Untamos o molde con manteiga e enfariñamos. Vertemos a masa e decoramos coas froitas.
  7. Enfornamos durante un 55 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo. E listo!

É un biscoito xeitosiño, que nos vai moi ben para aproveitar as froitas de tempada e poder papar unha lambetada caseira para o almorzo ou de sobremesa. De feito, algún dos albaricoques que tiña xa estaban algo pasados e non os puiden cortar en rodelas porque xa se desfacían, non pasa nada, esfiañámolos e botámolos igual. É o bo das lambetadas con froita, que non é preciso que a froita estea non seu punto, de feito, canto máis madura, máis doce está, polo que estes biscoitos con froita resultan unha das mellores receitas de aproveitamento.
________________________________________________________________

Apricot and cherry sponge cake

If you’ve ever read any of my sponge cakes recipes, you will know by now that I’m a big fan of cakes made with fruit, and I always try to use them when on season so they’re fresh and delicious. I love cherries and they look good on every dessert you may think of, but as I have already made a clafoutis, which is the typical recipe, I decided to add some apricots to give it a different kick. And I must say they’re a perfect couple! Besides, what I most love about this recipe is that though it is a usual sponge cake, changing some ingredients, such as honey instead of sugar, gives it a special texture and a mild sweet flavour I’m sure you’re going to love!

Ingredients

  • 150 gr cherries
  • 5 apricots
  • 100 ml honey
  • 50 gr wholewheat spelt
  • 200 gr plain flour
  • 1 sachet baking powder (16 gr)
  • 1 tsp cinnamon powder
  • 1/2 tsp baking soda
  • 1 pinch of salt
  • 85 ml sunflower or canola oil
  • 3 eggs
  • 1 sugar free natural yogurt

Mould: round 20 cm

Directions

  1. Take out the cherry bones and pre-heat oven at 180ºC.
  2. Peel apricots and slice them.
  3. In a bowl, mix all dry ingredients, sifting flour.
  4. Heat honey so it becomes lighter and mix it with the wet ingredients.
  5. Mix dry and wet mixtures and add in the fruits, leaving some 4 cherry halves and apricot slices to decorate.
  6. Butter and flour the mould, pour in the batter and decorate with the fruit.
  7. Bake for around 55 minutes or until a toothpick inserted in the middle comes out clean. And that’s it!

It’s a very nice and fluffly cake and the super sweet flavour of cherries and that a little bit sour of apricots match perfectly. You can even use overripe apricots because it will work really well. It is one of the things I love about making sponge cakes with fruit, you can use overripe fruit in a cake and it will just make it better, so never throw away any fruit, just turn it into a sponge cake packed with flavour. I am sure you’re going to love this cake and how moist it is.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.