Churros

Churros caseiros

Dicía miña avoa que cando o demo non ten que facer, mata moscas co rabo. E despois deste confinamento onde xa cociñamos tantas receitas, chegou o día no que nos entrou un antollo importante de churros. Xa había un tempo que andabamos coa teima de facelos na casa, mais tiña na cabeza a idea de que non eran moi doados de facer, e xa sabedes que eu fuxo das receitas complexas como o can da cadea. Mais o certo é que os churros están presentes en recordos moi concretos da miña vida.

Recordo cando a miña curmá os preparaba (caseiros) nas festas da aldea e, de feito, foi a ela a quen lle preguntei a receita. Recordo comelos sempre nas festas da Ascensión e na Romaría do San Bieito, e algún que outro ano nas festas do Pico. E, por suposto, non podo esquecer que eu son do barrio onde se comen os mellores de Compostela, e non admito discusión sobre iso: a Churrería de San Pedro. Só por iso, xa merecen un anaco deste blogue. Imos aló!

Ingredientes para 24 churros

  • 1 cunca de auga
  • 1 cunca de fariña triga
  • 1 culleradiña de sal
  • Aceite de oliva suave para fritir
  • Azucre para botar por riba

Preparación

  1. Poñemos a auga co sal a ferver. En canto ferva, apagamos o lume e botamos toda a fariña.
  2. Remexemos ben a masa ata que estea ben integrada.
  3. Nunha churreira ou manga pasteleira, botamos a masa e imos facendo unha tira de masa longa que iremos cortando en anacos máis ou menos do mesmo tamaño.
  4. En aceite ben quente imos fritindo os churros de poucos en poucos para que non baixe a temperatura do aceite e se fagan ben sen saír aceitosos.
  5. Poñémolos sobre papel absorbente e botámoslle o azucre por riba. E listo! Da primeira vez, so fritín medida ducia e conxelei o resto antes de fritilos para telos listos para unha merenda.

A cantidade de auga e fariña sempre será a mesma, por iso non é preciso calcular cantidades. Hai tamén quen lle bota azucre con canela, ou só canela. Por certo, cóntovos unha pequena anécdota que me pasou en Portugal co conto dos churros e a canela. Isto xa pasou hai uns anos e daquela eu non era moi amiga da canela, de feito, aínda que agora si que a emprego máis na cociña, antes ata me amolaba o seu arrecendo.

O caso é que andabamos nunha feira dando un paseo, vin un posto de churros e alá que fun, dereitiña. Pido os churros e de súpeto, vexo como a señora colle un botiño e comeza a esparexer canela como se non houbese mañá. Case me dá algo do susto! A verdade nin recordo se os comín ou non, coñecéndome o máis probábel é que si, que eu son moi larpeira. Sexa como for, os churros sempre saben ben 🙂

________________________

Homemade churros

My grandma used to say that when the devil gets bored, it kills flies with its tail. And after so many days at home due to this confinement, we got even tired of cooking and started to miss some dishes you usually have outside home. And that’s why suddenly we started to crave for churros. The thing is I always thought it to be a difficult recipe, and so never get my hands on it. But so many memories started to come to my mind that I had to do them right away!

I used to have them with my cousin during holidays, she made them at home and it’s her who I asked the recipe to. They remind me of family times, fairs and the best churros in town are made in my neighbourhood, so I couldn’t wait any longer.

Ingredients for 24 churros

  • 1 cup water
  • 1 cup plain flour
  • 1 tsp salt
  • Oli oil for frying
  • Sugar to top

Directions

  1. Boil water with salt. Turn off heat and add in the flour.
  2. Mix well until all integrated.
  3. Fill a churros maker machine or a pastry bag with the dough and form a dough strip which will be cut into different chunks of churro size.
  4. Deep fry them in plenty hot olive oil until golden and crispy all around.
  5. Place them over some kitchen paper towel and top with some sugar. (I just fried 6 the first time and froze the rest before frying)

The amount of flour and water must be the same, so you do not even need to measure the ingredients as long as you use the same for both. You can top with some cinnamon mixed with sugar, or just cinnamon. BTW! This reminds me of something that happened to me while I was in Portugal quite a few years ago.

I was craving for churros and I saw a stall where they sold them. I must say I was not a big fan of cinnamon back then, I couldn’t even stand its smell. I asked for some churros and suddenly I saw how the woman sprinkling them with a lot of cinnamon! It was really funny, but I believe I ate them anyway 🙂 Because they always taste good, even with cinnamon! 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.