Carne guisada con patacas / Beef stew

Carne guisada con patacas (receita da miña nai)

Con isto do confinamento e a morriña dos pratos da miña nai, aproveitei para preguntarlle algunha das súas receitas de sempre. Este prato de carne guisada con patacas é un prato deses que nunca deixas de facer porque sempre sabe ben. Un guiso que arrecende a fogar e que presta moitísimo! A min non deixa de recordarme a cando era pequena e só o seu arrecendo é quen de transportarme a outros tempos e ao moito que me gustaba (e gusta) pasar tempo na cociña con miña nai e aprender dela. Imos aló!

Ingredientes

  • 500 gramos de tenreira (mellor se é falda de tenreira)
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1/2 papeliño de azafrán
  • 1 cenoria
  • 2 tomates
  • 2 vasos de auga
  • 2 patacas xeitosas
  • *chícharos (ao gusto)

*eu non llos puxen porque non son moi seareira dos chícharos, mais recoñezo que lle quedan ben.

Preparación

  1. Nunha pota, pochamos a cebola picada e mailos dous dentes de allo.
  2. Engadimos a carne de tenreira cortada en anaquiños, que se doure uns 10 minutos. E botamos medio papeliño de azafrán e maila cenoria picada.
  3. Relamos dous tomates e engadímolos, deixando que se faga durante 5/10 minutos. Salgamos.
  4. Engadimos un vaso de auga e deixamos que se cociñe todo durante 15 minutos coa pota tapada.
  5. Cortamos as patacas e engadímolas xunto con outro vaso de auga e deixamos que se vaia facendo ata que as patacas e a carne estean no seu punto. Uns 30 minutos. Engadimos tamén os chícharos.
  6. Probamos de sal e de cocción e en canto estea, apagamos o lume e listo!

Este prato de carne guisada pódese facer tamén con pasta ou con arroz, iso si, miña nai cando o fai con pasta non lle bota nin os chícharos nin as cenorias, mais coas patacas e o arroz si. Iso xa cuestión de gustos. A verdade é que é unha receita que vai perfecta para calquera momento, sinxela e das de toda a vida. De seguro que na vosa casa tamén se fai algunha receita similar! Bo proveito!!!

_____________________

Beef stew (my mum’s recipe) 

With all this lockdown situation, I just thought even more about my mum’s cooking and recipes and how I miss them so bad. So when I was on the phone talking to her I just decided to ask her this recipe because it is one recipe my mum cooks very well and  a dish that reminds me of my childhood and the time we used to (and continue to) spend at home cooking, just the two of us. Let’s go!

Ingredients

  • 500 gr beef meat
  • 1 onion
  • 2 garlic cloves
  • 1/2 sachet saffron
  • 1 carrot
  • 2 tomatos
  • 2 glasses of water
  • 2 big potatoes
  • *peas

*I’m not a fan of peas, so I’m not using them, but you definitely should

Directions

  1. In a pan, fry chopped onion and chopped garlic cloves in some olive oil.
  2. Add in meat chopped meat and let roast for 10 minutes. Mix in saffron and chopped carrot.
  3. Grate 2 tomatos and add them in. Let cook for 5/10 minutes. Salt.
  4. Pour 1 glass of water and simmer for 15 minutes, lid on.
  5. Peel and cut potatoes and add them in together with another glass of water. Let simmer for around 30 minutes or until everything’s fully cooked. Add peas.
  6. Taste if cooked and enough salted, turn off heat and that’s it!

You can also prepare this beef stew with some pasta or rice. When my mum cooks it with some pasta, she just skips carrot and peas, but not with rice and potatoes. That’s up to you! The truth is that it is a recipe that smells like home and I’m sure your own mums have similar recipes to this one. I hope you try it and you like it as much as I do! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.