Torta inversa de peras / Pear upside down cake

Torta inversa de peras

Levo dende hai uns días coa teima de facer unha receita con peras e é curioso como de súpeto, xusto cando vos ensino a foto polo Instagram, vexo nunha chea de perfís de cociña que hai máis xente facendo lambetadas coas peras. Como xa sabedes, a min gústame moito facer receitas con produtos de tempada e sinto especial devoción polas lambetadas que levan froitas, non porque vaian ser máis saudábeis, mais penso que a froita acáelle a calquera doce e dálle un puntiño de frescor que eu sempre agradezo. Como sempre que penso en facer unha receita, comecei a facer unha busca polos libros de cociña que teño pola casa por se houbera algunha receita de interese neles, mais a verdade é que aínda que é unha froita moi sabedeira, non atopei moita cousa. Gustábame a idea de facer unha torta inversa, desas ás que hai que darlles a volta e que quedan moi bonitiñas, así que o que fixen foi coller unha receita da típica torta de ananás, e darlle unha volta (nunca mellor dito) e facer unha versión coas peras. O resultado, moi bo. A verdade é que estou moi contenta con como quedou, e penso repetir máis dunha vez. Imos aló!

Tempo de preparación: 20 minutos

Tempo de enfornado: 30 minutos

Molde: rectangular de 30×20

Ingredientes

  • 3 peras Conferencia
  • 200 gramos de azucre e unha culleradiña de auga para o caramelo
  • 135 gramos de fariña para biscoitos
  • 100 gramos de azucre
  • 1 belisco de sal
  • 1 sobre de fermento químico (16 gramos)
  • 4 ovos
  • 100 gramos de manteiga desfeita

Preparación

  1. Comezamos poñendo o forno a quentar a 180 e facemos o caramelo poñendo a quentar o azucre e a auga.
  2. Pelamos e cortamos as peras en tiras. Vertemos o caramelo sobre o molde e colocamos a pera cortada cubrindo toda a superficie e sen que queden subidas unha enriba das outras.
  3. Mesturamos os ingredientes secos.
  4. E engadimos a manteiga desfeita e os ovos un a un mentres imos batendo todo.
  5. Vertemos esta mestura sobre as peras e enfornamos a 180ºC durante 30 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no medio saia limpo. E listo!

É unha receita tan rápida, sinxela e atraente, que ben paga a pena facela. Ten un sabor moi delicado, doce e cunha textura que me recorda ao pudin. Ademais, non me digades que non queda ben bonita! Por suposto que se non tedes peras, estou segura de que con mazás ou con pexegos tamén ha quedar moi ben e, por suposto, con ananás. Xa vedes que a parte do biscoito non leva moito azucre, mais coa dozura que lle aporta o caramelo non lle cómpre moito máis. E aínda que non probei, dáme a min que aínda quente e cun pouco de nata ou de xeado de vainilla ou nata, ha estar tamén moi boa. Bo proveito!

____________________

Pear Upside Down Cake

It’s been a while since I’ve been trying to prepare a cake with pears and it is curious how I am not the only one who thought so these days, because as soon as I showed you the pic on Instagram, I saw lots of other profiles with pear cakes on it. As you may already know, I am a huge fan of cakes made with fruit, not because they are healthier, but because I like the freshness fruits give to cakes.

Whenever I want to prepare a recipe with a specific seasonal ingredient, the first thing I do is a little research on my cookbooks to see if I have any recipe with that ingredient that I may be able to follow. But, and although I believe pears are just perfect for any dessert, I almost could not find any recipe with them. As the idea in my mind was to prepare an upside-down cake, I just decided to adapt the typical pineapple cake recipe. And it turned out to be a total success. Let’s go!

Preparation time: 20 minutes

Baking time: 30 minutes

Mould: rectangular 30×20

Ingredients

  • 3 Conference pears
  • 200 gr sugar + tbsp water for the caramel
  • 135 gr cake flour
  • 100 gr sugar
  • 1 pinch of salt
  • 1 sachet of baking powder (16 gr)
  • 4 eggs
  • 100 gr butter, melted

Directions

  1. Preheat oven at 180ºC and prepare the caramel with sugar and water.
  2. Peel and cut pears in stripes. Pour caramel over the mould and place the pears covering the whole mould base.
  3. Mix all dry ingredients.
  4. Whisk in melted butter and eggs 1 by 1.
  5. Bake for 30 minutes or until a toothpick inserted in the middle comes out clean. And that’s it!

This is a quick, simple and super appealing cake which I’m sure everybody will love. And if you don’t want to prepare it with pears, apples, peaches and, of course, pineapples, will be as good. The amount of sugar of the cake is not a lot but it gets the perfect sweetness balance with the caramel on top. And although I haven’t tried it (yet) I’m pretty sure some whipped cream or vanilla ice cream on top while still hot will definitely make a difference. Enjoy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.