Torta de queixo La Viña / La Viña Cheesecake

Torta de queixo La Viña

Nestes días de confinamento, deume por pensar naquelas lambetadas que adoitan ser as favoritas na hora da sobremesa, xa sexa na casa ou cando comemos fóra. Supoño que estas cousas dependen moito do gusto de cada quen, mais si que hai algunhas que (case) sempre saen na carta de larpeiradas. Os brownies son, sen dúbida, unha delas, o coulant e, como non, a torta de queixo. Eu gosto de todas elas, para que vou mentir, aínda que podo dicir que teño certa predilección pola torta de queixo ao forno. E xa que estamos de confesións, xa había tempo que lle tiña o ollo botado a esta receita de torta de queixo dun restaurante donostiarra chamado La Viña.

A receita, ou mais ben a torta de queixo, xa hai uns anos que se fixo famosa, mais eu non a coñecín ata hai relativamente pouco. Eu non me atrevía moito a facela, e a verdade é que non sei moi ben por que. Supoño que sería medo a que non me saíse, ou non sei. O caso é que, de casualidade, descubrín que o propietario do restaurante La Viña tiña un vídeo na EITB onde explicaba como se facía a súa famosa torta de queixo. E aí xa me dixen, se isto non é un sinal, dime ti o que é. Merquei os ingredientes e isto foi o que saiu. Non podo dicir máis que que é a torta de queixo máis saborosa que probei na miña vida, e non son poucas. E que este comentario non só saíu da miña boca senón de máis xente que tivo a sorte de probala. E iso que era a miña, a do restaurante debe estar espectacular.

Non vos quero liar moito máis, só dicirvos que de verdade paga a pena todos e cada uns dos seu pasos (que son poucos e sinxelos), os ingredientes, o tempo no forno e absolutamente todo o que conleva facer esta torta de queixo. E ademais, só leva 1 cullerada e media de fariña, que xa sabemos que imos algo escasos en tempos de confinamento.

Déixovos tamén aquí a ligazón ao vídeo orixinal e a os meus parabéns ao restaurante La Viña por unha receita tan ben conseguida e unha torta de queixo tan sabedeira.

Ingredientes

  • 1 kilo de crema de queixo (Philadelphia ou similar)
  • 7 ovos
  • 400 gramos de azucre
  • 1 cullerada e media de fariña triga
  • 1/2 litro de nata para montar

Tempo de preparación: 20 minutos

Tempo de enfornado: 1 hora e 10 minutos

Molde: de 20 cm desmoldable

Preparación paso a paso:

1. Batemos un chisco a crema de queixo para que quede cremosa. Poñemos o forno a quentar a 200ºC.

2. E imos engadindo e batendo os ovos un a un.

3. Botamos o azucre, a fariña e maila nata mesturamos.

4. Mollamos un anaco de papel de forno e engurrámolo. Cubrimos o molde con este papel engurrado.

5. Vertemos a masa da nosa torta de queixo e enfornamos durante 1 hora e 10 minutos. Eu deixeina máis tempo do que se di na receita orixinal porque tiña medo de que non quedara ben feita e se desfixera e quedara eu sen torta e vós sen saber desta receita, e iso non podía ser! Se vedes que se torra moito por riba, poñédelle un anaco de papel de aluminio. Eu púxenllo algo tarde e quedou algo negra, mais non sabía para nada a queimado.

6. Sacámola do forno e (ollo que aquí vén a parte máis difícil) deixamos que arrefríe totalmente. De feito, o mellor é deixala ata o día seguinte e metela na neveira. E listo!

A min gústame moito moito fría da neveira, mais iso xa a gustos. Eu o primeiro día deixeina atemperar media hora fóra do frío, mais despois roubei un anaco directamente da neveira, e a min persoalmente gustoume máis. Iso xa como vós vexades.

E non vos perdades os bordes! Porque se o interior está boísimo porque queda como unha mousse cremosa, o dos bordes é puro espectáculo, os azucres acaramélanse e queda cun sabor a caramelo incrible. Sempre vos digo iso de que probedes a facer esta receita porque vos vai encantar, mais desta vez dígovolo aínda con máis forza! Bo proveito e agardo que vos guste!

______________________________________________________

La Viña Cheesecake

During these confinement days, I just happened to start thinking about the sweet treats that are usually a ‘must’ either in restaurants or at home. I guess it depends a little bit on what you like the most, but we know there are some that always have a place on our menus. Brownies are definitely one of them, together with lava cakes and, of course, cheesecakes! I must confess I’m quite a cheesecake fan girl, and I especially love the oven one. And this recipe you’re about to read has been in my mind for quite a time now.

This cheesecake from a restaurant called La Viña (in Donostia) has become famous all over the world, and although I knew about it some time ago, I didn’t have the courage to prepare it. I believe I was kind of scared that it did not come as good as I expected, and my expectations were really high. The thing is this week I discovered that the restaurant owner had recorded a video in which he explained how to prepare their delicious cheesecake at home. And at that precise moment was when I decided I had to give it a try. I bought the ingredients and this is what I got. My conclusion is that this is the most delicious cheesecakes I’ve ever tasted in my life and that all people that tried it said exactly the same, considering they’ve tastes mine and not the original one, that’s a lot to say.

It is one of those recipes in which you know that every ingredient, every step, every minute you spend preparing it would be totally worth it. I just want to share the original video as well by clicking here and congratulate La Viña restaurant for a so tasty recipe!

Ingredients

  • 1 kg cream cheese (Philadelphia or similar)
  • 7 eggs
  • 400 gr plain sugar
  • 1 1/2 tablespoon plain flour
  • 1/2 L whipping cream

Preparation time: 20 minutes

Baking time: 1 hour and 10 minutes

Mould: 20 cm spring form

Step by step preparation:

1.Whisk cream cheese until creamy and fluffy. Preheat oven at 200ºC.

2. Whisk in eggs one by one.

3. Whisk in sugar, flour and cream.

4.Wet some baking paper and wrinkle it. Cover your mould with this paper.

5. Pour batter over the mould and bake for 1 hour and 10 minutes. You can cover the cake if you see it gets too dark on top. Even though mine looks a bit too much toasted, it tastes good.

6. Allow to cool completely. If you can wait, it’s better to leave it in the fridge for some hours. And that’s it!

I prefer it cold, just as soon as you take it out the fridge. But if you like it room temperature, take it out of the fridge for around 30 minutes before tasting it.

I love absolutely every bite of this cake! The outside is like a cheese mousse, smooth and creamy. And the edges taste like caramel and they are super yummy! I always recommend you to try every recipe that I show you, but with this one I say it even louder! I hope you do it, enjoy it and tell me all about it!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.