Pan naan / Naan bread

Pan naan

Nestes tempos de confinamento semella que nos deu a todos por facer pan coa desculpa de que temos tempo abondo, mais xa vos digo que non é preciso ter tempo e tempo para poder facer un pan saboroso. O pan naan é un pan que se fai nuns poucos minutos, cun sabor excelente e uns ingredientes sinxelos. Non hai que deixalo levedar, nin precisamos unha temperatura especial nin nada. E se ademais sodes seareiras do pan de allo, entre as que confeso que me atopo, de seguro que esta receita pasará a ser unha das vosas favoritas.

Ingredientes

  • 150 gramos de fariña triga (+ algunha máis para amasar)
  • 10 gramos de fermento químico
  • 1 belisco de sal
  • 180 gramos de iogur natural sen azucre
  • 35 gramos de manteiga, un dente de allo picadiño e un pouco perixel

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos os ingredientes secos.

2. Engadímoslle o iogur e amasamos coas mans. É unha masa un chisco pegañenta.

3. Dividimos a masa en 6 bólas duns 50 gramos cada unha.

4. E co rolo de amasar ou coas mans estiramos cada bóla ata que teña uns 15 cm de diámetro. Enfariñade ben a superficie e, se vedes que se vos pega nas mans, non dubidedes en engadir máis fariña se fora preciso.

5. Nunha tixola quente a lume medio sen aceite, imos cociñando cada naan uns 2 minutos por cada lado ata que vexades que comeza a torrarse.

6. Derretemos a manteiga, e mesturámola co dente de allo ben picadiño e sen o grelo e un pouco pirixel. Botamos esta mestura por riba de cada pan despois de sacalos da tixola. E listo!

Xa temos os nosos pans naan listos para degustar. Se o allo non vos acaba de aquelar, sempre podedes botarlle só a manteiga, se é salgada quédalle moi moi ben, ou ben aceite de oliva. Pode empregarse como pan para acompañar a comida, cun pouco de queixo por riba está de vicio, ou tamén como unha tortilla e facelo recheo. Xa vedes que é un pan ben sinxelo de facer e está moi bo! Anímovos a que o preparedes e xa veredes como de seguro que repetides.

_________________________________________________________________

Naan bread

I am fully aware that during this confinement, many people, including myself, have started to prepare homemade bread and sourdough just because we had time and…we can! But I must tell you there are many bread recipes to prepare simple, quick and delicious bread, and naan bread is definitely one of them. We just need some minutes, a few ingredients and a quite simple process to get a flavourful bread. No leavening time, no exact temperature, just getting your hands to do it! And if you are a fan of garlic bread, you should be preparing your ingredients just right now!

Ingredients

  • 150 gr plain flour (+ some extra for kneading or rolling)
  • 10 gr baking powder
  • 1 pinch of salt
  • 180 gr plain yogurt
  • 35 gr butter, 1 finely chopped garlic clove and some parsley

Step by step preparation

1. Mix all dry ingredients.

2. Add in yogurt and knead. Dough is a little bit sticky.

3.Divide dough into 6 balls of 50 grams each.

4. Roll with a rolling pin or your hands each ball until you get 15 cm diameter. Flour the surface you’re working on and if you need some more extra flour, add it.

5. Heat a pan and at a medium temperature cook each naan until you see brown bubbles, aprox 2 min on each side.

6. Melt butter, mix with garlic and parsley. Brush each naad with this as soon as you take them out of the pan. And that’s it!

And our bread is ready! If you are not a huge fan of garlic, you can always brush them with only butter, salt one tastes really good, or some olive oil. You can use it as bread with your meal, with some cheese on top is amazing, or just as a tortilla to fill in. As you could see, it is a very simple recipe and it is very tasty! So I can only tell you to get your hands dirty and prepare this delicious naan bread.

2 Comments

  1. Rodrigo Varela

    Gosto moito dos pans de cocción rápida, como os que se fan en tixola. Acho que son os meus favoritos.

    Eu prefiro o naan levedado. Se tes un forno de leña a man, proba a cocelo pegado á parede e con lume xusto debaixo. Bestial!

    • Quen me dera ter forno de leña!!! Hei probar o levedado tamén, este era a versión exprés mais está boísimo 🙂 Xa probei outro polo estilo versión Somalí e estaba brutal! Grazas pola recomendación!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.