Biscoito de chocolate branco / White chocolate sponge cake

Biscoito de chocolate branco e pistachos

Despois da receita do biscoito de chocolate, outra receita de biscoito? Outra receita de biscoito. Ía dicir que non sei porque se me da ultimamente por faceres receitas de biscoitos, mais si que o sei, para que vou dicir o que non é. O caso é que ando (ou andaba, agora toca repouso) con bastante choio e non tiña precisamente moito tempo, o que facía que moitas veces acabase por ir traballar sen almorzar porque non tiña xeito, e é algo que non me gusta… Sen embargo, se teño un biscoito na casa, dame tempo de, polo menos, pegarlle unha trabada ou papar un anaco antes de saír. E tamén é certo que este biscoito de chocolate branco é unha lambetada ben sinxela e rápida de facer, cousa que tamén se agradece.

Ingredientes

  • 125 gramos de manteiga
  • 200 gramos de azucre branco
  • 1 belisco de sal
  • 200 gramos de fariña
  • 10 gramos de fermento químico
  • 1 iogur de limón
  • 2 ovos
  • 1 cullerada de améndoa moída
  • 60 gramos de chocolate branco
  • 100 gramos de pistachos sen casca

Tempo de preparación: 20 minutos
Tempo de enfornado: 55 minutos aprox. a 180ºC

Preparación paso a paso:

1. Batemos a manteiga a temperatura ambiente xunto co azucre ata que fique una mestura cremosa. Poñemos o forno a quentar a 180ºC e untamos o molde con manteiga.
2. Engadimos o resto dos ingredientes agás os pistachos e o chocolate branco.

3. Moemos os pistachos, relamos o chocolate branco e engadímolos á masa.

4. Botamos a masa sobre o molde e enfornamos a 180ºC durante uns 55 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro do biscoito saia limpo ou con algún pequeno anaco pegado.

5. Agardamos a que arrefríe antes de sacalo do molde e listo!

Se andabades na procura dun biscoito no que se notase o sabor a chocolate branco, aquí o tedes. Ao relar o chocolate, o sabor queda por todo o biscoito de pistacho e fai que se note a súa dozura en cada anaquiño. É un biscoito moi tenro polo que hai que cortalo con tino e sempre mellor cun coitelo de serra. Aguanta varios días moi tenro, aínda que xa vos digo que ha custar traballo que aguante moitos días na casa porque está boísimo!

___________________________

Pistachios and white chocolate cake 

Another sponge cake recipe? Another sponge cake recipe. I was going to see that I don’t know why I’m making so many cake recipes, just right after the chocolate cake recipe, but the truth is I do know why. Lately (definitely not now that we must be at home) I’ve been quite in a hurry all the time, and let’s say I got used to have to go running everywhere. And that sometimes meant go to work without having breakfast, and this ia something I don’t like. So I know that if I have a homemade cake I can at least have a o piece of it, even on the run. And that’s how I decided to prepare this delicious cake.

Ingredients

  • 125 gr butter
  • 200 gr white sugar
  • 1 pinch of salt
  • 200 gr plain flour
  • 10 gr baking powder
  • 1 lemon yoghurt
  • 2 eggs
  • 1 tbsp ground almond
  • 60 gr white chocolate
  • 100 gr pistachios (with no shell)

Preparation time: 20 minutes
Baking time: 55 minutes aprox. at 180ºC

Step by step preparation:

1. Beat sugar and butter until creamy. Pre-heat oven at 180ºC and butter the mould.

2. Whisk in the rest of the ingredients, except chocolate and pistachios.

3. Ground pistachios, grate white chocolate and add them in.

4. Pour batter over the mould and bake at 180ºC for around 54 minutes os until a toothpick inserted in the middle of the cake comes out clean or with a few lumps attached to it.

5. Allow to cool before taking it out of the mould and that’s it!

If you’re looking for a cake which truly tastes like white chocolate, this is your recipe! As we use them grated you can taste the chocolatey flavour in each and every bite. It’s a very fluffy, moist and spongy cake and you can have it like that for some days, although I think you won’t be waiting for some days as it will disappear so quickly!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.