Galletas sen azucre con chocolate / Sugarless chocolate chips cookies

Galletas sen azucre con pingas de chocolate

Ben certo é que as lambetadas teñen sempre o azucre como un dos seus Ingredientes principais, mais desta vez, quería probar a facer unhas galletas que, aínda sendo sen azucre, valeran para satisfacer o noso ser máis larpeiro. Tamén é verdade que eu devezo polas lambetadas cun toque de sal, e non me negaredes que o chocolate e mailo sal fan bo casal! 🙂 Había que probar e, se saía ben, voltar poñer unha receita no blogue, que xa tocaba, e ensinarvos como facer estas galletas sen azucre. E si, saiu moi ben! A textura é un pouco como a dos scones, algo fariñenta e crocante. O chocolate e o toque salgado quédanlle de marabilla, e ademais a receita non pode ser máis sinxela. Dádelle unha oportunidade e xa veredes como ides repetir. E co conto de que son pequeniñas, xa veredes como irán caendo unhas detrás das outras! Ide con ollo, que han desaparecer antes do que imaxinades. Imos aló!

Ingredientes para 35 galletas de 20 gramos:

  • 300 gramos de fariña triga
  • 1 culleradiña de fermento químico
  • 1/2 vaíña de vainilla
  • 1 culleradiña de sal
  • 175 gramos de manteiga a temperatura ambiente
  • 2 ovos
  • 175 gramos de pingas de chocolate

Tempo de preparación: 10 minutos

Tempo de enfornado: 15 minutos a 175ºC

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes agás as pingas de chocolate e amasamos ata que estea todo ben mesturado.

2. Engadimos as pingas e amasamos de novo.

3. Formamos boliñas de 20 gramos, aplanámolas e enfornamos a 175ºC durante 15 minutos.

4. Podemos poñer o grill no forno durante uns 4/5 minutos para que collan unha lixeira cor dourada por riba.

5. Deixamos arrefriar sobre a grella do forno para que queden crocantes ata que arrefríen. E listo!

Xa vedes que dificultade non ten ningunha. De feito, é unha receita perfecta para facer coa cativada pequena da casa 🙂 É curioso como, aínda sen levar azucre, fanse doces e o chocolate e o toque de sal quédalle moi ben. E non vos asustedes porque saian moitas galletas porque son pequeniñas e moi adictivas, xa veredes! É imposible comer só unha!

_______________________________________

Sugarless chocolate chips cookies

It’s true that sugar is THE main ingredient in every sweet treat recipe, but we cannot deny the fact that we can prepare some delicious recipes without this ingredient, and that’s exactly what I wanted to do with this cookies one. It’s also true that I absolutely love some salt in every sweet recipe because I really like how salt enhances the flavour and the contrast between both flavours. Apart from that, chocolate and salt look so good together, definitely one of my favourite gastronomic couples 🙂 The texture is somehow similar to that of the scones, soft on the inside and crunchy on the outside. Give these small cookies a chance and you won’t regret it! But be careful! Because they tend to disappear real quick! Let’s go!

Ingredients for 35 cookies of 20 grams each:

  • 300 plain flour
  • 1 tsp baking powder
  • 1/2 vanilla pod
  • 1 tsp salt
  • 175 gr butter room temperature
  • 2 eggs
  • 175 gr chocolate chips

Preparation time: 10 minutos

Baking time: 15 minutes 175ºC

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients except choc chips and knead until well mixed.

2. Add in choc chips and mix.

3. Shape balls of 20 grams each, flat them and bake for 15 minutes at 175ºC.

4. Grill them for 3/4 minutes so they get a light brown colour on top.

5. Allow to cool over a wire rack until cold and crispy. And that’s it!

As you can see, this cookies recipe is easy peasy. In fact, it’s the perfect recipe to prepare with the small ones 🙂 and it’s surprising how sweet they can be even with no sugar. And even though you get quite an amount of cookies, you’ll see they won’t be too many, as they are so delicious you won’t be able to eat just one!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.