Frittata de verduras / Veggies Frittata

Frittata de verduras

Algunha vez vos pasou que intentastes facer unha tortilla de verduras e non vos saiu, ou acabou sendo un revolto porque non houbo maneira de darlle a volta? Se a resposta é: pasou, entón precisades desta receita. A frittata queda moi esponxosa e húmida e o mellor de todo é que se pode facer con case calquera ingrediente que vos apeteza ou que teñades a man. Imos aló!

Ingredientes:

  • 1/2 coliflor morada
  • 1 cenoria
  • 1 cabaciña
  • 5 ovos
  • Grana Padano ou Parmesano relado ao gusto
  • Sal e pementa negra

Preparación paso a paso:

  1. Cociñamos a coliflor ao vapor ata que fique brandiña. Poñemos o forno a quentar a 180ºC.
  2. Relamos a cenoria e maila cabaciña e fritímolas nunha cullerada de aceite de oliva ata que fiquen douradiñas. Salgamos.
  3. Engadimos a coliflor xa cocida.
  4. Batemos os ovos e botámoslle o queixo relado, pementa e sal.
  5. Botámolos na tixola xunto coas verduras e deixamos que se faga a lume medio-baixo durante 5 minutos.
  6. Metemos a tixola no forno e deixamos que acabe de facerse durante outros 5 minutos. E listo!


E con este sinxelo paso a paso xa teriamos a nosa frittata preparada. É importante ter unha tixola que se poida meter no forno. Ademais, é unha receita que se pode compartir cos máis pequechos da casa, sendo xa apta para meniños de 6 meses (sen sal e sen queixo, e tendo probado antes tódolos ingredientes por separado). Unha receita perfecta para degustar en familia, rápida e sinxela.

_______________________

Veggies frittata

Have you ever experienced trying to prepare a veggies omelette but not being able to flip it over and so end up preparing some scrambled eggs with veggies? If that is the case, this is your recipe! Frittata is super spongy, wet and you can do it with almost any Ingredient you can think of. Let’s go!

Ingredientes:

  • 1/2 purple cauliflower
  • 1 carrot
  • 1 zucchini
  • 5 eggs
  • grated Grana Padano or Parmesan
  • Salt and black pepper

Step by step preparation:

  1. Steam the cauliflower until fully cooked. Preheat oven at 180ºC.
  2. Grate carrot and zucchini and sautee them in a tablespoon of olive oil until nicely golden. Salt.
  3. Add in cauliflower.
  4. Mix eggs, cheese pepper and salt.
  5. Add them in the veggies mixture and allow to cook for 5 minutes at a medium-low temperature.
  6. Place the pan the oven and cook for 5 minutes more. And that’s it!


And with these very basic steps you’ll have a super delicious frittata. It’s important you have a pan which can be used in the oven. Besides, it’s a recipe which you can use with the little ones of 6 months old (no salt and no cheese). A perfect recipe for the whole family, easy and quick!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.