Bacallau con samfaina / Cod with samfaina

Bacallau con samfaina (ó meu xeito)

Hoxe tráiovos unha receita de bacallau con verduras chegada dende Catalunya. O bacallau con samfaina é unha receita moi saudábel, nutritiva e saborosa. Eu póñovos aquí a miña versión, polo que non o tomedes como unha receita tradicional nin nada diso, algo de inspiración hai mais eu fágoa como a min me gusta, por iso será unha receita de bacallau con samfaina á miña maneira. Imos aló!

(Recordade que agora podedes ir riscando os ingredientes da listaxe mentres os ides engadindo á receita, ou ben cando os ides mercando como unha lista da compra).

Ingredientes para 2 persoas:

  • 1 berenxena
  • 1 cabaciña
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento amarelo
  • tomate triturado ou tomate fritido
  • viño branco ou tinto
  • auga
  • sal
  • aceite de oliva
  • 3 anacos de bacallau
  • fariña de garavanzos
  • patacas fritidas (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Cortamos as verduras, salgamos e fritímolas nunha cullerada de aceite de oliva a lume forte ao principio e despois a lume baixo durante uns minutos. Eu sempre lle saco a pel á berenxena porque non me gusta a súa textura, mais iso xa é cuestión de gustos.

2. Despois engadimos o viño e o tomate triturado e deixamos que se cociñe ata que as verduras estean no seu punto. Se vemos que vai quedando espeso de máis, imos engadindo auga (e sal, se fora preciso). Deberá quedar un prebe con caldiño, non moi espeso.

3. Por outra banda, rebozamos o bacallau na fariña de garavanzos e fritímolo en abundante aceite de oliva.

4. Poñemos os anacos de bacallau sobre a samfaina.

5. Botámoslle algo de prebe por riba e deixamos que ferva durante uns minutos.

6. Opcionalmente, podemos fritir unhas patacas e engadilas á samfaina. Quédanlle moi ben 🙂 E listo!

Este acompañamento de verduras (a samfaina) quédalle moi ben a calquera prato, e fai que o bacallau quede moi suculento. O ideal é sacarlle as espiñas ao bacallau antes de rebozalo, podedes facelo directamente coas mans, mais se algunha custa de arrincar, o mellor é empregar unhas pinzas de depilar. Eu non vos son moito de pemento verde, mais por suposto que se pode empregar para facer a samfaina, así como prescindir da cabaciña ou da berenxena. Probade cos ingredientes que máis vos gusten e xa veredes como se ha converter nunha das vosas receitas favoritas. Bo proveito!!!

___________________________________________________________________

Cod with samfaina (my way)

And here we are again with a new recipe with cod coming from Catalunya. Bacallà amb samfaina is a healthy, nutritious and tasty recipe. Here you have my own version, so don’t take it as the traditional recipe or anything, it is of course similar, but using the ingredients I like.

(Remember you can now cross out the ingredients on the ingredients list as you are preparing the recipe, or when shopping the ingredients).

Ingredientes para 2 persoas:

  • 1 eggplant
  • 1 zucchini
  • 1 onion
  • 1 red bell pepper
  • 1 yellow bell pepper
  • marinara or natural tomato sauce
  • red or white wine
  • water
  • salt
  • olive oil
  • 3 filets of cod
  • chickpea flour
  • fried potatoes (optional)

Step by step preparation:

1. Chop veggies and fry in a tbsp olive oil at a high heat and then medium-low for some minutes. I always peel the eggplant because I do not like its texture, but you can of course keep it.

2. Then, add in the wine and the tomato sauce and alow to cook for some minutes more until veggies are just fully cooked. If the sauce is too thick, add in water.

3. Meanwhile, coat cod in the chickpea flour and deep fry in olive oil.

4. Place them over the samfaina.

5. Pour some sauce over cod and simmer for a some minutes more.

6. Though optional, it is highly recommended to fry some potatoes and add them to the samfaina. And that’s it!

Samfaina (this veggies and tomato sauce dish) can be used as a side for many dishes, either meat, fish or veggies. If you can, try to take out the cod spines so you won’t find any among the sauce. You can try and do it with your own fingers, or use some tweezers. I am not a huge fan of green bell pepper, but of course you can use it, and change other ingredients if you do not like them or cannot eat them. Try and have fun with this recipe, the result will be amazing in any way. Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.