Músicos de chocolate / Mendiants

Músicos de chocolate

Comer saudábel ás veces custa. Estamos tan acostumadas a papar lambetadas con tanto azucre que cando unha pensa nalgunha posibilidade algo máis nutritiva, sen deixar de ser saborosa, a cousa complícase. A mellor opción, froita ou froitos secos, mais está claro que de vez en cando apetece algo cun punto máis doce e divertido, sen deixar de ser algo do que nos teñamos que arrepentir aos 10 minutos e que sexa prexudicial para a saúde.

E si, que non pasa nada por papar algunha larpeirada con maiúsculas, non vou ser eu, con este blogue e estas receitas, quen diga o contrario. Mais tamén está ben ter unha opción para o día a día, para petiscar a media mañá ou para merendar, que sexa doce, que alimente e que, ademais, sexa saudábel.

Buscando información sobre o seu nome, dicirvos que é unha lambetada de orixe catalá e que hai varias teorías de por que comezaron a chamarse así. Algúns din que foi porque cada un deles representa unha banda de músicos con diferentes instrumentos, de aí a variedade de froitos e froitas, e outros din que foi porque os músicos das bandas adoitaban levar froitos secos para aguantar o ritmo durante os longos concertos.

Sexa como for, estes músicos de chocolate téñeno todo! Os trucos para que sexan o petisco perfecto é empregar un chocolate negro de mínimo 70% de cacao e uns froitos secos ao natural ou torrados mais non fritidos. O demais, pouca ciencia ten, xogar coas texturas e as cores para que queden fermosos e listo!

Ingredientes para uns 20 músicos:

  • 250 gramos de chocolate negro mínimo 70%
  • Froitos secos: anacardios, abelás, améndoas, pistachos e noces.
  • Sementes de sésamo, cabaza e xirasol.
  • Uvas pasas
  • Flocos de millo
  • Sal
  • Cúrcuma

Preparación paso a paso:

1. Derretemos o chocolate no microondas, tendo tino de que non se queime. Recordade que se poñemos o microondas en función desconxelar, non haberá tanto risco.

2. Cunha culler, imos facendo pequenos círculos de chocolate sobre un papel de forno.

3. E agora só temos que ir dispoñendo os froitos secos e demais ingredientes ao noso antollo. Eu os pistachos piqueinos para que houbera máis texturas. E listo!

Recoméndovos moito que empreguedes sal, que xa sabemos que casa moi ben co chocolate, mais tamén que probedes con outras especias, como pode ser a cúrcuma, quédalle espectacular! Polo demais, xa sabedes, probar e probar para que queden fermosos e facer combinacións cos vosos froitos secos, froitas ou sementes preferidas. Unha lambonada sinxela, recomendábel para todos, nutritiva e saudábel. (Ollo coa cativada e os froitos secos! Recordade que poden ser perigosos en nenos moi pequenos)

Se fas esta receita e queres enviarnos a túa fotografía, escríbenos un correo a kukinhas@kukinhas.com ou compártea nas nosas redes sociais, e non esquezas subscribirte para recibir as receitas antes que ninguén no teu correo! 😀

______________________________________________________________

Mendiants

Eating healthy can nowadays get a bit complicated sometimes. We’re so used to having so many sweet treats full of fats and sugars that when we want to think of something sweet, healthy and nutritious, things get a little hard. The best option is, with no doubt, fruits and nuts, but from time to time we feel like tasting something a little bit more elaborate and funny, without having to regret it right after eating it.

And yes, I know, it’s not going to be me, having all the sweet recipes in the blog, the one telling you not to eat them, but it is good to have a healthy option you can even have on a daily basis, and which will be sweet, healthy and good for us.

Looking for some information about the name of these chocolates in Galician (chocolates of musicians), I found out they’re actually a Catalan treat whose name origin lies on two different but related theories. It is said that they represent a band of musicians playing a different instrument each, hence the variety of nuts, and some claim that it is because band musicians used have nuts as a snack during long concerts.

Whatever may be the origin of the name, they have it all to be the perfect snack! The tips for them to be healthy are using a dark chocolate with a minimum of 70% cocoa and toasted or natural nuts, never fried. The process is super easy and the funny thing is mixing colours and textures so they look beautiful and that’s it!

Ingredients for around 20 chocolates:

  • 250 gr dark chocolate min. 70%
  • Nuts: cashews, hazelnuts, almonds, pistachios, walnuts and pecans.
  • Sunflower, sesame and pumpkin seeds.
  • Raisins
  • Popcorn
  • Salt
  • Turmeric

Step by step preparation:

1. Melt chocolate in the microwave. (Better defrost so chocolate does not burn)

2. With a tablespoon, shape little circles of chocolate over a sheet of parchment paper.

3. Place nuts, seeds and the rest of the ingredients at your choice. I finely chopped pistachios to give it a different texture. And that’s it!

I highly recommend you to use salt, as it makes chocolate flavour come through, but also try other spices, such as turmeric, I sure you’ll be as surprised as delighted. Use your favourite ingredients and create your own personal musicians! A delicious and nutritious snack everyone will immediately fall for! (Be careful with little kids and nuts! Remember they can be dangerous for the youngest ones!)

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.