Tartarugas larpeiras / Sweet turtles

Tartarugas larpeiras

Non sei que demo andaría eu a buscar pola rede para dar con estas tartarugas, mais estou feliz de telas atopado. Unha das cousas que máis me gustan de ter este blogue é poder ter unha desculpa para poder larpeirear máis aínda do que adoito facelo, e esta receita doume a oportunidade de probar as noces pacanas. Esteticamente son moi feitiñas, algo careiras e, polo momento, non moi doadas de atopar, mais o que máis me sorprendeu foi o seu sabor.

E a sorpresa non foi porque saiban raro, senón porque o seu sabor é moi semellante ao das nosas noces de toda a vida (ás que eu sempre chamo crouchos). Non tiñan por que saber moi distinto posto que ámbalas dúas son noces, mais por exemplo as de Macadamia si que teñen un sabor ben diferente. O que si teñen é unha vantaxe con respecto ás de sempre, que non soltan esa pel que ás veces é un chisco incómoda e nos queda pegada nos dentes. Eu merqueinas xa peladas, e así non sei se son doadas de pelar ou non. Iso si, a miña recomendación é que merquedes bastantes, pois estou segura de que vos ha gustar moito tanto o seu sabor como a súa textura. Eu merqueinas pola rede, mais penso que nos supermercados grandes e nas tendas de froitos secos ao peso, poderedes atopalas sen problema.

E falando das tartarugas, é unha receita que me gusta especialmente porque penso que lles ha gustar aos máis cativos e como non ten ciencia ningunha facela, tamén é unha boa desculpa para pasar unha tarde na cociña en familia coas mans na masa.

Non vos poño moito as cantidades exactas porque depende moito do número de tartarugas que teñades pensado facer. O caramelo si que da para unhas 30, polo menos. A cantidade de pacanas xa vedes que dependerá do número de tartarugas, así como o chocolate. E sen máis contos, imos aló!

Ingredientes:

  • noces pecanas
  • 300 gramos de azucre
  • 3 culleradas de auga
  • 100 ml de nata
  • chocolate mín. 70%
  • escamas de sal (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Collemos 5 noces pacanas e colocámolas formando o que serán a cabeza e as patas da nosa tartaruga, deixando un pequeno oco no medio onde botaremos o caramelo, como se pode ver na imaxe.

2. A continuación, preparamos o caramelo. Nunha tixola botamos o azucre e maila auga e deixamos que ferva ata que teña unha lixeira cor dourada. Quentamos os 100 ml de nata, apartamos o caramelo do lume, engadimos a nata e remexemos ben. Ollo! Que en canto engadamos a nata, a mestura ferve moito e podémonos queimar!

3. Deixamos que o caramelo estea máis frío para que espese ben e non escape e vertémolo no medio das tartarugas.

4. Derretemos o chocolate negro no microondas e botámolo por riba do caramelo.

5. E para darlle un toque salgado, botamos tamén unhas escamas de sal. E listo!

Agora queda a peor parte da receita, agardar a que arrefríe o chocolate para poder comelas. Se temos moita lareca e non podemos resistir máis a tentación, sempre podemos metelas na neveira e acelerar o proceso. Se non é o caso, podedes deixar que enduren fóra da neveira. Para conservalas, nada especial, eu deixeinas fóra da neveira e non teñen problema. Ao mellor, se facedes a receita no verán, cómpre refrixeralas, por se acaso.

A min gústame moito o contraste do sabor do chocolate negro, mais un chocolate con leite ou branco, ou calquera outro, de seguro que tamén lle queda ben. E o toque de sal, aínda que opcional, é moi recomendábel, pois non só serve para contrastar o sabor, senón tamén para potenciar tanto o sabor do chocolate como o do caramelo.

Enchamos as casas de tartarugas larpeiras!!! Bo proveito!

_____________________________________________________________________

Sweet turtles

I don’t know exactly what I was looking for when I came across with these sweet turtles, but I’m absolutely happy I did. One of the many things I love about having this food blog is that I have the chance of eating more treats than I actually do. And this recipe allowed me to try pecans, which I have never done before. I admit I love its texture and aspect, but I was quite surprised with its flavour.

Not because I didn’t like it or I found it weird, but because, for me, it tasted very similar to walnuts. I expected them to taste very different, as it happens with Macadamia nuts. What I love about them is that, though they taste similar, its skin is not so uncomfortable in the mouth, as it happens with walnuts, whose skin usually ends up getting stuck in between your teeth. I bought them peeled, so I don’t know exactly if they’re easy to peel. What I do recommend is that you bought quite a lot because I’m sure you’re gonna love its flavour and texture.

And talking about the turtles, this is a recipe I especially like because I think your little ones are going to be very fond of them and, as they are so simple to make, you can spend a Sunday afternoon cooking the whole family together.

I haven’t detailed the exact amount of all ingredients because it depends on the number of turtles you want to prepare. The caramel can be used with, at least, 30. And the amount of chocolate and pecans will depend on how many turtles you want to eat 🙂 Let’s go!

Ingredients:

  • pecan nuts
  • 300 gr sugar
  • 3 tbsp water
  • 100 ml whipping cream
  • dark chocolate min. 70%
  • Maldon salt (optional)

Step by step preparation:

1. Place 5 pecan nuts on a baking sheet in a way that it looks like the head and the legs of our turtle, leaving a small hole in the middle where we will pour the caramel, as you can see in the picture.

2. Then, let’s prepare the caramel. In a pan, add sugar and water. Let it boil until it gets a beautiful light brown colour and, after that, turn off heat add the hot whipping cream and stir well. Be careful! The mixture boils a lot, so try to avoid being burnt!

3. Allow the caramel to cool for a little while so it gets thicker and pour it over the hole of the pecans so they stick together.

4. Melt the chocolate and pour it on top of the caramel.

5. And to give it a salty flavour, sprinkle some Maldon salt over the chocolate. And that’s it!

Now it’s time for the worst part of this recipe, waiting for the chocolate to cool down. If you cannot wait, you can refrigerate the turtles, so the chocolate hardens quickly. If it’s not the case (although I know it’s difficult) they can cool down at room temperature. If you prepare this recipe in the summer, it’s better if you keep them in the fridge.

I love the flavour of black chocolate, but of course you can try with any chocolate you like, milk, white… Although the Maldon salt is optional, it is highly recommended because apart from contrasting with the sweet flavour, it also makes chocolate and caramel flavours more powerful.

Let’s fill our homes with these cute and tasty turtles! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.