Bica de Entroido
E aquí estamos de novo cunha receita desas que arrecende a Entroido! Despois das dúas versións anteriores, a bica branca de Laza e a bica de Trives, estaba máis que claro que a seguinte tiña que ser esta outra versión de bica, que ten algo das dúas outras 🙂 As bicas están todas boísimas, non se pode negar e, ademais, cada unha ten o seu aquel que a fai diferente, tanto na preparación como nos ingredientes e no sabor final. Que vivan as bicas e o Entroido galego!!! Imos aló!
Ingredientes:
– 200 gramos de manteiga de vaca (eu merquei esta de Deleitar, boísima!)
– 400 gramos de azucre branco
– 4 ovos
– 200 ml de nata
– 400 gramos de fariña
– 16 gramos de fermento químico (1 sobre)
– azucre para botar por riba
– manteiga e papel de forno para o molde
Preparación paso a paso:
1. Untamos o molde con manteiga e cubrímolo con papel de forno. Acendemos o forno para que vaia collendo temperatura con calor por riba e por baixo a 160ºC.
2. Batemos a manteiga a temperatura ambiente e o azucre ata que estea todo ben mesturado.
3. Engadimos os ovos e batemos de novo.
4. Facemos o mesmo coa nata, sen montar.
5. Xirgamos a fariña e o fermento e ímolo incorporando á masa aos poucos.
6. Vertemos a masa no molde, alisando a superficie e botamos o azucre por riba. Sede xenerosos, que así queda ben crocante.
7. Enfornamos a 160ºC durante 55 minutos ou ata que o escarvadentes saia seco. E listo!
E despois de só uns 7 pasos ben sinxelos, xa temos un arrecendo pola cociña e por toda a casa deses que dan fame. A min gústame quente e fría, polo que se sodes algo ansiosos de mais e non podedes agardar, metédelle o dente e deixádevos levar por tan saboroso pracer. Se non tedes a posibilidade de atopar manteiga de vaca, podedes facela caseira (receita aquí) ou empregar a de sempre. Iso si, esta dálle un sabor de relamber o prato. Se aínda non probastes esta marabilla de bica, non perdades nin un segundo máis, porque está boísimaaa!!! Bo proveito!
________________________________________________
Carnival bica
And here we are again with a recipe which may not be typical of Galician Carnival, but it’s the perfect excuse to prepare it at home, and once you’ve trid it, you will no longer need an excuse to prepare it a second time. After the two other well-known versions os bica, Laza’s and Trives’, I knew I needed to try a new one. All bicas are different and the funny thing is each of them is prepared with different ingredients and a different procedure, but somehow the final result is incredibly fluffy and tasty in all of them. Let’s go!
Ingredients:
– 200 gr ghee (mine was Deleitar, yummy!)
– 400 gr sugar
– 4 eggs
– 200 ml whipping cream
– 400 gr plain flour
– 16 gr baking powder
– more sugar for the top of the cake
– butter and a baking sheet for the mould
Step by step:
1. Butter the mould and cover with a baking sheet. Preheat oven at 160ºC.
2. Whisk butter and sugar until all well mixed.
3. Whisk in eggs.
4. And the whipping cream, not whipped.
5. Add in sifted flout and baking powder bit by bit.
6. Pour the batter over the mould and top it with sugar, so the top will be super crunchy 🙂
7. Bake for 55 minutes or until a toothpick inserted in the middle of the bica comes out clean! And that’s it!
And just after these 7 simple steps, you’ll have in front of you one of the most delicious bicas in the world! I love the buttery flavour and the crunchy top. Even if you can’t wait to try it, you can already have a bit while hot. If you cannot find ghee, you can use butter as well, but the truth is that it does make a difference, so if you want to do it homemade, you can find the way here. Don’t lose no time and prepare this delicious bica, you’re going to instantly fall for it! ENJOY!!!
Ola kukinhas:con estas receitas tan saborosas calquera garda a dieta.Pero ti sigue con elas porque o Antroido é unha vez o ano
A verdade é q sempre nos sorprendes cada vez mais e mellor.
Moitas grazas por achegarnos estas esquesiteces galegas.
Un abrazo forte desta fan das tuas receitas.
Isabel
Ola Isabel! Agora é tempo de Antroido e non se pode facer moita dieta 😀 Son tantas as lambonadas nestes días que calquera se resiste. Grazas a ti por seguires as receitas e polo comentario. Agardo que poidas facer a receita e desfrutes desta bica tan saborosa.
Unha aperta enorme,
Kukinhas