Macarróns gratinados / Macaroni au gratin

Macarróns gratinados

Hai días nos que apetecen macarróns, ou polo menos iso me pasa a min. Recoñezo que son bastante de antollos con isto da comida e hai pouco andaba eu pola rúa e veu un aroma a macarróns gratinados que… bufff, non me puiden resistir a preparalos na casa! É unha receita sinxela que a maioría de nós xa preparamos algunha que outra vez, sobre todo, se temos cativada pola casa. De cando en cando xa toca facer algún prato que non é tan saudábel, mais que si nos trae recordos de cando eramos pequenos e nos facían estes pratos tan divertidos e saborosos 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– 200 gramos de carne de tenreira picada
– 2 cenorias
– 1 cebola
– prebe de tomate
– ourego
– 200 gr de pasta (estes son Radiatore de Garofalo)
– queixo ou mozarella relados

Preparació paso a paso:

1. Cortamos a cebola e as cenorias en cadradiños e fritímola xunto coa carne e algo de ourego.

2. Cando xa estea ben feita, engadimos o prebe de tomate ao gusto, ou tomate relado.

3. Cocemos a pasta segundo nos indique o envase e mesturamos coa carne e o tomate.

4. Botamos todo nun molde para forno e botamos o queixo relado ou a mozzarelada relada por riba e gratinamos no forno ata que o queixo quede ben desfeito e douradiño. E listo!

Un dos pratos máis rápidos e sinxelos de preparar que a verdade é que sabe moi ben! Non é un prato para sorprender, mais si un prato para atinar seguro 🙂 Se tedes cativada pola casa, aproveitade para engadir máis verduras á carne, que así ben que as comen sen rosmar! E ademais, tamén poden poñerse coas mans na masa, que iso de botar o queixo relado gústalles ben. Bo proveito!!!

_____________________________________________________

Macaroni au gratin

There are days in which the only thing you want to do is to prepare some pasta and enjoy it as if you were a kid. I’m the kind of person who usually craves for things you see on TV or you smell on the street. The other day I was just passing by a house and it smelled so good my brain immediately sent me this message: you have to prepare macaroni au gratin right now! And that’s what I just did! 😉 It’s a very simple recipe we all have done at least once in our life, and if you have kids at home, you know that if you prepare this, your lunch will definitely be a complete success. So, get ready and prepare one of the easiest and most delicious dishes ever! Let’s go!

Ingredients:

– 200 gr minced beef
– 2 carrots
– 1 onion
– marinara sauce or grated tomato
– oregano
– 200 gr macaroni (mine were Radiatore by Garofalo)
– grated cheese or mozzarella

Step by step preparation:

1. Chop onion and carrots and saute together with minced meat and some oregano.

2. When ready, add marinara sauce or grated tomato and cook for some minutes more.

3. Cook pasta following package directions and mix with the meat mixture.

4. Place all over a baking mould and top with cheese. Grate in the oven until cheese is beautifully melted and golden. And that’s it!

This is one of the quickest and easiest dishes in the world and the flavour is really good. It’s not a dish to surprise, but everybody will love it! You can even add more veggies to make it more nutritious, kids will love it anyway! In fact, they will absolutely love topping the macaroni with cheese and get their hands dirty! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.