Muhammara

Muhammara

O Muhammara é unha especie de pasta para untar tipo hummus típica de Alepo, Siria. Os ingredientes básicos son o pemento, as noces e a granada e resulta unha crema con moito sabor e unha textura moi especial. Esta receita descubrina vendo unha película na que probaban o Muhammara, e de aí chegou a idea de facela para o blogue. Eu, coma sempre, deille o meu toque persoal, que vos explico ao final da receita. Para acompañalo, podemos facelo con pan torrado ou ben con crudités de cenoria e cabaciña. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 pemento vermello
– 75 gramos de noces peladas
– 25 gramos de pan relado
– 100 ml de zume de granada (1 granada)
– 1 cullerada de zume de limón
– 1 culleradiña de especias: comiño, pemento doce, pementa negra, allo e menta.
– aceite de oliva e sal

Preparación paso a paso:

1. Comezamos asando o pemento no forno cun chisco de aceite de oliva e despois sacámoslle a pel e as pebidas.

2. Collemos a granada, cortámola ao medio e apertámola ata que saia todo o zume.

3. Nunha picadora ou no vaso do batedor, botamos tódolos ingredientes e batemos ata que teña a textura desexada. Sempre podemos engadir máis ou menos noces ou pan relado para que quede máis ou menos espeso. E listo!

A cantidade de aceite dependerá da textura que queirades que teña o Muhammara, ou do sabor que lle queirades dar. As especias que eu empreguei son dun botiño que trae especias de Marrocos e a verdade é que lle dá moi bo sabor. Se non dispoñedes destas especias, a máis esencial será o comiño. Se queredes prescindir do pan relado, engadide máis noces e listo! Na receita orixinal, co zume de granada faise un xarope con azucre e limón, mais como non quería engadirlle azucre á receita, empreguei o zume así ao natural. É unha crema saborosísima e cunha mestura de sabores impresionante. Dádelle unha oportunidade e de seguro que repetiredes!

_________________________________________________________

Muhammara

Muhammara is a spread similar to Hummus typical from Aleppo, Syria. Its main ingredients are peppers, walnuts and pomegranates, and you get a spread with an intense flavour and a very special texture. I discovered this recipe watching a film, and as soon as I saw it, I knew it was going to be one of my favorite recipes ever! I did my own special version, which I explain to you at the end of the recipe. You can have it with some toasted pita bread or some raw carrots and zucchinis. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 red bell pepper
– 75 gr peeled walnuts
– 25 gr breadcrumbs (I used panko)
– 100 ml pomegranate juice (1 pomegranate)
– 1 tbsp lemon juice
– 1 tsp spices: cumin, sweet paprika, black pepper, garlic and mint
– olive oil and salt

Step by step preparation:

1. Roast the bell pepper in the oven with a dash of olive oil and then take off peel and seeds.

2. Cut pomegranate in half and squeeze it until you get all the juice out.

3. In a food processor, process all ingredients until you get the desired texture and flavour. We can add more or less panko depending on how thick you want your Muhammara to be. And that’s it!

The amount of olive oil depends on the texture and the flavour you want the Muhammara to have, just taste and add! The spices I used come in a bottle which is said to have spices from Morocco, but if you just don’t have one, use, at least, cumin. If you don’t want to use panko or any other breadcrumbs, you can do your Muhammara thicker by adding more walnuts. The original recipe stands for a pomegranate syrup, but I didn’t want to add sugar to a so healthy recipe, so I just used the natural juice. It’s a veeery delicious spread and the combination of flavrous is really amazing! Give it a try and you’ll repeat for sure!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.