Irish Boxty

Irish Boxty

boxty

Adoro a cociña de Irlanda. Supoño que é porque adoro esa conexión celta que fai que moitos pratos teñan un sabor similar. Aínda que estas tortiñas irlandesas se papan agora en calquera ocasión, o típico era comelas na época do Samaín, e é por iso que tocaba preparalas. Non sabía moi ben como sería o sabor, porque eu sonvos moito de probar así ao tolo, sen saber como saberán os pratos. Iso si, en canto lle dei a primeira trabada…mimadriña!!! Non imaxinaba que estiveran tan boas! Que sabor, que textura! Puro vicio!!! Creo que me sería imposible dicir os ingredientes que leva polo sabor que ten despois! A min recordoume ás filloas, mais isto xa é cuestión de opinións. Non vos enredo máis e imos ao choio! Imos aló!

Ingredientes para unhas 11:

– 225 gramos de pataca relada**
– 225 gramos de pataca cocida**
– 250 gramos de fariña
– 1 culleradiña de sal
– 1 culleradiña de fermento químico
– 200 ml de leite amargo (200 ml de leite e 2 ou 3 culleradas de zume de limón)
– manteiga para a tixola

**Eu pesei as patacas crúas, coa pel e todo. Os 225 gramos veñen sendo 2 patacas medianas. Tampouco vos preocupedes se non coinciden exactamente os gramos, é unha cantidade aproximada.

Preparación paso a paso:

1. Relamos as patacas crúas, pasámolas por auga e secámolas.

boxty

2. No microondas, cociñamos as patacas ata que estean brandas e facemos un puré cun chisco de sal e uns 50 ml de leite.

boxty

3. Mesturamos a fariña, fermento, sal e a pataca relada e mesturamos ben.

boxty

4. Engadimos o puré de patacas e amasamos ben coas mans.

boxty

5. Engadimos o leite amargo e mesturamos ben.

boxty

6. Derretemos un bo anaco de manteiga nunha tixola e botamos 1 cullerada de masa ben chea por cada boxty. Deixamos que se fagan a lume non moi alto durante uns minutos por cada lado. Tede en conta levan pataca crúa e tense que cociñar.

boxty

7. Despois dámoslle a volta e deixamos que se faga tamén polo outro lado.

boxty

8. Seguiremos facendo así co resto da masa, engadindo máis manteiga de cando en cando. E listo!

Apuntade esta receita e tédea sempre a man porque está tan boa que non pararedes de facela unha e outra vez. O resultado é incrible! Unha textura crocante por fóra e moi suave por dentro, cun lixeiro sabor a pataca e a filloa. Ademais, faise nun plis e pódese acompañar de calquera prebe salgado, touciño, crema ágria, ou mesmo un prato de carne, peixe ou verduriñas. Se a facedes máis grande e finiña, pódese rechear e tamén está moi boa! En fin, esta receita admite moitas posibilidades e é unha moi boa e larpeira maneira de celebrar o Samaín!

___________________________________________________

Irish Boxty

boxty

I love Irish cuisine! I guess that’s because I feel that Celtic connection with Galiza and I think this connection is present in our gastronomy as well. Though these potato pancakes are eaten in every occasion nowadays, the truth is that they were a Halloween typical dish. I didn’t know how they would taste like, because I’ve never tried them before. And this is something I usually like, preparing recipes that I’ve never tasted before! So when I finished with the first one, I took one bite when still really hot, and… oh yeah! I fell in love!!! They’re so delicious I thought I could not stop eating and eating!!! If you want to prepare something quick and delicious, give Irish boxty a try! You’ll never regret it! Let’s go!

Ingredients for around 11:

– 225 gr grated raw potato
– 225 gr mashed potato (with 50 ml milk and a pinch of salt)
– 250 gr flour
– 1 tsp salt
– 1 tsp baking powder
– 200 ml buttermilk
– butter for the pan

Step by step preparation:

1. Grate raw potatoes, wash and dry with a tea towel.

boxty

2. In the microwave, cook potatoes until soft and then mash them with some milk and salt.

boxty

3. Mix flour, baking powder, salt and grated potato.

boxty

4. Then, add mashed potatoes and knead for a while with your hands.

boxty

5. Add buttermilk and mix again.

boxty

6. Melt some butter in the pan and scoop out some batter. Flatten and shape into a pancake. Cook at a low-medium heat until golden brown. Remember the grated raw potato needs to cook.

boxty

7. Flip and allow to cook on both sides.

boxty

8. Repeat the process until you finish all the batter, adding some more butter from time to time. And that’s it!

If you are a pancake-fan, you should definitely try this recipe. I absolutely loved the result! And I’m sure I’ll be preparing these delicious potato pancakes every now and then. Besides, they’re simple and quick. What else can we ask for? If you prefer it, you can as well eat them with some sour cream, bacon, meat, fish or veggies! I haven’t tried yet, but I’ve seen stuffed boxties which look so flavourful. If you want to prepare them this way, just fot them bigger and more flatten. Let’s celebrate Halloween with this traditional, delicious and easy recipe!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.