Rosas de Sant Jordi / Sant Jordi Roses

Rosas de mazá de Sant Jordi

rosas

Estas rosiñas poden ser o agasallo perfecto para calquera ocasión, xa sexa Sant Jordi, o día da nai ou o día da lambona 😉 Son moi feitiñas, fanse nun plis, quedan de medo e están boísimas! E ademais, só precisamos ingredientes tan sinxelos como mazás e masa de follado. Conta a lenda que cando Sant Jordi matou o dragón que ía devorar á princesa, do seu sangue saiu unha roseira, polo que Sant Jordi colleu unha rosa e doulla á princesa. De seguro que a princesa quedaría aínda máis contenta se esa rosa fora coma estas 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– 2 mazás ben vermellas
– 1 rectángulo de masa de follado
– 1/2 limón
– marmelada ao gusto

Utensilios: molde para magdalenas

Preparación paso a paso:

1. Comezamos cortando as mazás á metade, sacámoslle as pepas e cortámolas en rodelas ben finiñas coa pel. Deixámolas nun cunco con auga e limón para que non se poñan marróns.

rosas

2. Cortamos a masa de follado en rectángulos (unhas 5 ou 6 tiras).

3. Quentamos no microondas as rodelas de mazá ata que estean brandiñas. Para comprobar a ver se xa están no seu punto, collémolas cun coitelo e se se dobran con facilidade, é que xa están.

rosas

4. Para que a marmelada sexa máis sinxela de extender, mesturamos dúas ou tres culleradas de marmelada con 2 de auga, para que quede máis lixeira. E despois, botámola sobre os rectángulos de follado.

rosas

5. Imos colocando as rodelas de mazá. Segundo poñamos máis ou menos, así quedarán as nosas rosas máis ou menos gordiñas. Pechamos a masa e enroscamos.

rosas

rosas

rosas

6. Ímolas colocando nos ocos do molde para magdalenas (é moi importante engraxar moito e ben os ocos para despois poder sacalas ben!) e enfornámolas a 190ºC durante uns 45 minutos para que a masa de follado quede ben torradiña. E listo!

rosas

Para ser a primeira vez que as facía e probaba, non sabía eu moi ben como sairía o experimento, sobre todo, porque aínda que a pinta xa sabía que sería boa, non sabía se o sabor acompañaría. Mais despois de probalas, teño que dicir que esta receita teno todo. Se sodes coma min, e vos gustan as tortas de mazá, estas rosiñas hanvos encantar! Ademais, como as enroscamos, por dentro quedan moi ciumentas, suaves e brandas, e por fora, ao torrarse, están crocantes e duriñas. O máis importante para que queden ben é que as mazás queden ben flexibles e non rompan ao dobralas. Déixovos, que vou seguir papando rosiñas de Sant Jordi! Boa lectura!!!

_________________________________________________

Sant Jordi’s appple roses

rosas

These little roses are the perfect gift for many occasions, either Sant Jordi, Mom’s day or Sweet Tooth Day 😉 (Does that even exist? It should!) They’re super cute, simple, quick and delicious! Besides, we just need 4 basic ingredients: apples, puff pastry, lemon and jam. According to the legend, when Saint George killed the dragon, a rose bush bloomed from the dragon’s blood, so he took a rose and gave it to the princess. I’m sure the pricess was quite amazed and happy, but I’m sure she would be even more if the rose was like this one, so cute and tasty! Let’s go!

Ingredients:

– 2 red apples
– 1 square puff pastry
– 1/2 lemon
– jam or marmelade of whatever flavour you most like

Utensils: muffin tin

Step by step preparation:

1. Cut apples in half, remove the core and cut them in thin slices. Then, place the slices in a bowl with water and the half lemon juice, so they won’t get a brownish colour.

rosas

2. Cut puff pastry in 5 or 6 rectangular strips.

3. Microwave apples slices until soft and more flexible. To check if they’re ready, take one slice with a knife, and if they bend, they’re soft enough.

rosas

4. Mix 2 or 3 tablespoon of jam and 2 of water to make jam more spreadable and spread it over the pastry rectangles.

rosas

5. Then, place apple slices, close up the bottom part of the pastry and start rolling carefully. Depending on how many slices we put, our roses will be more or less thick.

rosas

rosas

rosas

6. Once roses are ready, place them on the muffin tin holes (be sure to grease it well so they will come out easily after baking) and bake them at 190ºC/375ºF for around 45 minutes so puff pastry is fully cooked and golden brown. And that’s it!

rosas

Being my first time with these roses, I’m very happy with the result! Although I knew they were going to look really well, I wasn’t sure if the flavour would be ok. But after tasting them, I can say the taste is even much better than the way they look. It’s like an explosion of apple pie flavour all in one or two bites. As we roll them before baking, the middle of the roses are smooth, soft and juicy, whereas on the outside, the puff pastry is hard and crunchy. The most important step for this recipe to be a total success is ‘cooking’ apples until soft, so they won’t break when rolling. Well, the smell of my apple roses is calling me, so see you in the next recipe! Happy reading!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.