Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

Como ben sabedes, xa quedan poucos días para o día do libro. E, por certo! Se estades pensando en agasallar a alguén cun libro moi larpeiro, divertido, orixinal e cheo de receitas, non dubidedes en botarlle un ollo ao libro de As Lambonadas de Kukinhas! Un libro con receitas paso a paso, con imaxes e receitas para tódalas ocasións! 😀 E se vos van máis as receitas máis exóticas, por que non me acompañas a dar unha volta ao mundo en 50 receitas? A viaxe culinaria de Kukinhas. E se che gusta moito o camiño a Compostela e queres facelo prato a prato, aquí tes o Camiño de Santiago máis gastronómico. A cociña do Camiño de Santiago.

O caso é que, ademais do día do libro, comeza a ser cada vez máis famosa a Diada de Sant Jordi, ou o día en que os homes agasallan ás mulleres cun libro, e elas a eles cunha rosa…ou era ao revés? 😉 O caso é que, como acostuma a ser xa habitual, estas festas veñen acompañadas dalgunha lambonada ou prato especial. O pan de Sant Jordi é un invento relativamente recente, mais co bo que está non é de estrañar que se convertira tan axiña nunha tradición. Ademais, dentro duns días, tamén aprenderemos a facer unhas comestibles e moooi sabedeiras rosas de Sant Jordi! Polo momento, imos co pan!

Non é que sexa unha receita moi complexa, mais si que precisaremos paciencia durante o amasado. O importante é non engadir máis fariña, aínda que pensedes que a masa seguirá pegañenta para sempre, non será así, en canto imos amasando, ela mesma irá maxicamente despegándose do molde 🙂 O resto, súper doado! Agora sí, imos aló!

Ingredientes para 2 pans de Sant Jordi:

– 500 gramos de fariña de forza
– 350 ml de auga morna
– 25 gramos de fermento fresco
– 1 culleradiña de sal
– 30 ml de aceite de oliva
– 80 gramos de sobrassada a temperatura ambiente
– 60 gramos de queixo de Maó ben picadiño
– 45 gramos de noces picadas

Preparación paso a paso:

1. Desfacemos o fremento na auga morna e mesturámolo coa fariña, o sal e o aceite. Amasamos ata que a masa non estea pegañenta, uns 20 minutiños.

Pa de Sant Jordi

2. Dividimos a masa en tres anacos e mesturamos un deles co queixo, o outro coa sobrassada, e o terceiro coas noces.

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

3. Dividimos cada masa en 2, para os dous pans. E a continuación, faremos 5 partes máis ou menos iguais de queixo, 4 de sobrassada e 1 de noces. E con estas partes, imos facendo tiras e colocándoas como se ve na imaxe, comezando e rematando polo queixo, alternando coas tiras de sobrassada e empregando a de noces para arrodear todo. Así, o noso pan de Sant Jordi quedará coas cores da senyera, a bandeira catalá. Deixamos que repouse durante unha hora ao caloriño (nun sitio sen correntes e con boa temperatura).

Pa de Sant Jordi

4. Prequentamos o forno a 180ºC cun molde con auga dentro para que estea máis húmido e enfornamos os pans durante uns 45 minutos ou ata que se poñan dourados por riba. Deixamos que arrefríe sobre a bandexa do forno e listo!

Pa de Sant Jordi

Este pan é puro sabor en cada trabada. Cada anaco sabe diferente e cada un deles é tan ou máis saboroso ca o anterior. Tanto as noces, como a sobrassada como o queixo danlle a este pan un sabor espectacular. Fai que cada un dos minutos que hai que amasalo paguen ben a pena. Despois da experiencia, repetiría sen lugar a dúbidas e volvería amasar e amasar só por volver papar este pan tan saborosa. Se devecedes pola sobrassada, o queixo ou as noces, non deixedes de probar este pan de Sant Jordi, de seguro que non vos ides arrepentir. E ademais, é o acompañamento perfecto para ler calquera libro. Bo proveito e boa lectura!

______________________________________________________________

Pa de Sant Jordi – Saint George’s Day bread

Pa de Sant Jordi

As you may already know, there’s just a few days until World Book Day. BTW! If you are thinking about the best world book day present, here you have Cooking with Kukinhas, a coookbook with different recipes, very creative, traditional, modern and full of tips and colorful pictures! The thing is that, apart from World Book Day, the 23rd of April is also a very important holiday in Catalunya, a day in which Saint George’s Day is celebrated. And, as it usually happens with holidays, there are some typical recipes to celebrate it no only by reading, but also eating! 😀 This bread is relatively new, but its so intense and delicious flavour had turned it into one of the most typical food in Sant Jordi.

It’s not a complicated recipe, but you will need lots of patience to knead the bread, or a machine to make things easier. Whatever the case, please, don’t add more flour, just knead and this dough will magically start to get unsticky. The rest, as easy as pie! Let’s go!

Ingredients for 2 Sant Jordi’s bread loaves:

– 500 gr strong wheat flour
– 350 ml warm water
– 25 gr fresh yeast
– 1 teaspoon salt
– 30 ml olive oil
– 80 gr sobrassada at room temperature
– 60 gr Maó cheese, finely chopped
– 45 gr finely chopped walnuts

Step by step preparation:

1. Dissolve yeast in warm water and mix it with salt, oil and flour. Knead well until non-sticky for around 20 minutes.

Pa de Sant Jordi

2. Divide dough into 3 and mix one with sobrassada, the other with cheese and the last with walnuts. Knead again.

Pa de Sant Jordi

Pa de Sant Jordi

3. Divide each dough into 2 to form the two loaves. Then, divide sobrassada one into 4 balls and cheese one into 4. Form strips and place them over a baking sheet, starting and finishin with the cheese ones, putting the sobrassada ones in between. Form a bigger strip with the walnuts dough and surround all the other strips. Thus, our Sant Jordi bread will look like the senyera, the Catalan flag. Allow to leaven for around an hour in a warm place.

Pa de Sant Jordi

4. Pre-heat oven at 180ºC/360ºF with a mould with water inside to create a more humid atmosphere and bake bread for around 45 minutes or until it gets a golden colour on top. Allow to cool over a wire rack and that’s it!

Pa de Sant Jordi

This bread loaves are intensely flavourful in every bite. No matter what piece you’re eating, sobrassada, cheese or walnuts, they are so delicious!!! This bread will make all minutes spent kneading totally worthy! 😀 I would do it once and again just to taste this bread again and again! So tasty!!! And it looks really nice, doesn’t it? Just prepare some bread, take a good book and enjoy these little pleasure of life! Happy World Book Day!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.