Galletas de manteiga / Butter cookies

Galletas de manteiga

galletas de manteiga

Pasouvos algunha vez que despois de facer unhas galletas de manteiga caseiras, ao probalas, non sabían tan a manteiga como esperabades? A min, varias veces. Xa levaba tempo e tempo facendo distintas receitas de galletas, cambiando ingredientes, engadindo máis ou menos manteiga, para que realmente tiveran sabor a manteiga, como aquelas danesas da mítica caixa azul (si, esa que tamén se empregaba, entre outras cousas, como costureiro). E ata o de agora, non conseguira ningunhas que realmente me gustaran tanto como esas. Mais isto mudou esta semana, cando despois de tanta proba, dei coa receita perfecta para facer unhas galletas danesas con sabor a manteiga tan saborosas como as de sempre. Por fin!!! E sabedes que é o mellor de todo? Que só fan falta 3 ingredientes. Podo dicir, sen medo a trabucarme, que estas son as galletas máis saborosas, sinxelas e rápidas que fixen nunca. E dixen xa o boas que están? Puro vicio! Iso sí, recoméndovos que fagades unha pequena inversión e merquedes unha manteiga de calidade, xa veredes como se nota a diferenza. Imos aló!

Ingredientes para unhas 25 galletas:

– 250 manteiga salgada
– 65 gramos de azucre en po
– 275 gramos de fariña

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos a manteiga a temperatura ambiente e o azucre en po ata que teñamos unha textura moi cremosa.

galletas de manteiga

2. Engadimos a fariña e mesturamos ata formar unha masa. A masa quedará algo pegañenta. Untade ben as mans de azucre en po, porque o importante é non engadir máis fariña, para que saiban moito e ben a manteiga.

galletas de manteiga

3. Agora só temos que amasar. Para facelo, esparexemos moito azucre en po na mesa de traballo e polo rolo de amasar, para que non se peguen as galletas na mesa 😉 Amasamos ata que a masa teña un dedo maimiño de grosor (uns 6 mm).

galletas de manteiga

galletas de manteiga

4. Cunha forma redonda (eu empreguei a tapa do azucre en po) ou con calquera corta-galletas que teñades, imos cortando as galletas.

galletas de manteiga

5. Poñémolas sobre un papel vexetal na bandexa do forno sen pegalas moito porque algo medran. E enfornamos a 180° durante uns 14 minutos ou ata que vexamos que comezan a dourarse polas beiras.

galletas de manteiga

6. Deixamos que arrefríen sobre a grella para que queden ben crocantes e listo!

galletas de manteiga

A única complicación que teñen estas galletas é o amasado, mais seguindo os truquiños que vos dou, seguro que sairán moi ben. O máis importante é “azucrar” ben a superficie de traballo, as mans, o rolo e todo o que vaia tocar a masa para que non se nos pegue. Así, non teremos que engadir máis fariña, e quedarán crocantes e moi manteigosas. Bulide a probalas! Eu xa estou desexando volver a facelas, o que pasa é que hai que ir pouco a pouco, que son moi viciosas 😉

______________________________________________________

Butter cookies

galletas de manteiga

Have you ever happened to prepare some homemade butter cookies, and when tasting them, they were not as tasty as you expected them to be? To me, it happened many times. It’s been a while since I’ve been trying recipes and recipes, adding more or less butter, changing or adding ingredients, so they were buttery and with a flavour similar to that of those delicious Danish cookies, and up to now, I couldn’t find any I liked. But this weekend, I tried a new combination and I was happily surprised with the result! These cookies are incredibly tasty, buttery, crunchy on the outside and smooth in every bite. And I am happy to tell you they are very simple and you’ll just need 3 ingredients. Yes, only 3! Salted butter, powdered sugar and plain flour. They just have one inconvenient, they are addictive! 😀 The only recommendation I have is that you buy a good butter, it will make a huge difference in the flavour of these cookies. Let’s go!

Ingredients for 25 cookies:

– 250 gr salted butter
– 65 gr powdered sugar
– 275 gr plain flour

Step by step preparation:

1. Mix butter at room temperature and powdered sugar until smooth.

galletas de manteiga

2. Add flour and mix. Dough is a little bit sticky, but don’t add more flour. ‘Flour’ surface, hands and rolling pin with a LOT of powdered sugar.

galletas de manteiga

3. Roll with the rolling pin until dough is 6 mm wide.

galletas de manteiga

galletas de manteiga

4. With a round (or any other form you like) cookie cutter, cut cookies 😉

galletas de manteiga

5. Place them over a baking tray lined with a baking sheet leaving some space because they grow a little bit in the oven. Bake at 180ºC/375°F for 14 minutes or until slightly golden brown on edges.

galletas de manteiga

6. Allow to cool over a wire rack so they are crispy and crunchy, and that’s it!

galletas de manteiga

As you can see, the only difficult step of this recipe is rolling the dough because as it has so much butter, dough is sticky and you’ll have to spread a lot of powdered sugar over the working table, your hands and the rolling pin. If you do it like that, you’ll have no problem! The important thing is you don’t add more flour, so we get the desired flavour and texture. Wait no more and prepare these amazing butter cookies, you’ll be making them once and again! Yummy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.