Aguacate con gambas / Avocado with shrimps

Aguacate con gambas

aguacate con gambas

Cada ano, polo meu aniversario, sempre hai dous pratos que están sempre presentes na paparota festeira. Un deles é a xa mítica, típica e sempre saborosa Torta de flan, chocolate e galletas, e o outro é este, aguacate con gambas. Aínda non sei moi ben como comezou esta tradición, mais si sei porque se repite ano tras ano, porque é un prato moi sinxelo, rápido e saborosísimo!!! Ademais, se facemos o prebe caseiro, é un prato saudábel e nutritivo. Imos aló!

Ingredientes para 4 persoas:

– 4 aguacates
– 300 gramos de gambas
– 2 allos picados
– prebe rosa: maionesa e prebe de tomate.

Preparación paso a paso:

1. Fritimos as gambas xa peladas cos allos picados ata que estean no seu punto.

2. Cortamos os aguacates á metade, sacámoslle a polpa e cortámola en cadradiños. Reservamos a casca.

aguacate con gambas

3. Facemos a maionesa e mesturámola co prebe de tomate. Engadimos as gambas (deixando algunha para decorar) e os cadriños de aguacate. Mesturamos ben.

aguacate con gambas

4. Enchemos as cascas do aguacate con esta mestura, decoramos coas gambas e un chisco de ceboliño. Listo!

Con só 4 ingredientes e 4 pasos, temos un prato moi rico e que campa moi ben. Va que queda moi chulo presentado na súa propia casca? A min encántame! Ademais, resulta un entrante lixeiro, rápido e que se pode facer con antelación para cando temos convidados a xantar. Xa veredes como se probades, todos os comensais han quedar encantados. Eu, agardarei ao aniversario que vén para poder gozar dun dos meus pratos favoritos. Bo proveito!

__________________________________________________

Avocado with shrimps

aguacate con gambas

Every year, since I’ve known this super tasty dish existed, avocado with shrimps is always part of my birthday menu, together with the already-must-have Custard-chocolate-biscuits cake. I don’t even know how this tradition started, but I do know why is repeated each and every year, it’s healthy, nutritious, quick, simple and delicious! What else can we ask for? Let’s go!

Ingredients for 4:

– 4 avocados
– 300 gr peeled shrimps
– 2 chopped garlic cloves
– Mary Rose sauce: mayo and tomato sauce

Step by step preparation:

1. Fry peeled shrimps with garlic until done.

2. Cut avocados in half, take off the flesh and cut it in cubes. Keep the skin for later.

aguacate con gambas

3. Prepare homemade mayonnaise and mix it with tomato sauce. Add shrimps (keep some for decoration) and avocado cubes. Mix well.

aguacate con gambas

4. Fill the avocado skins with this mixture and decorate with shrimps and chives. That’s it!

With just 4 ingredients and four steps, we have a tasty dish which looks incredibly beautiful on the table. You can, of course, present it in any other plate, tray or cocktail cup, but the avocado skin looks pretty cool, doesn’t it? If you are having guests for lunch and you don’t know what to prepare, this dish is the perfect one, quick, easy and you can prepare it hours before serving it. And I will wait for my next birthday to come and taste one of my favourite dishes. Enjoy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.