Lentellas veganas / Vegan lentils

Lentellas veganas

vegan lentils

Que si, que as lentellas están moi boas co seu choriciño ou un bo pé de porco, máis de cando en cando non ven mal facer unhas lentelliñas cun chisco menos de graxa, non si? Ademais, non fan falla moitos ingredientes para que as lentellas saian saborosísimas, cunhas verduriñas e moito agarimo, sairán riquísimas! Desta vez, e para probar, tamén lle botei uns anacos de chourizo vegano, mais normalmente non o emprego e están igual de sabedeiras. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 100 gramos de lentellas pardina (das pequeniñas que non precisan remollo)
– 1 chourizo vegano
– 1 cenoria
– 1/2 cebola
– arroz
– follas de loureiro
– prebe de tomate ao gusto

Preparación paso a paso:

1. Con 2 culleradas de aceite, fritimos a cebola, a cenoria e o chourizo vegano picado.

vegan lentils

2. Cando xa estean case a punto, engadimos a auga, as lentellas e 2 follas de loureiro.

Moito ollo!!!

— as lentellas engádense en frío, é dicir, primeiro a auga e despois as lentellas
— ás lentellas convén asustalas. Non engadiremos moita auga ao principio e despois iremos engadindo máis auga aos poucos segundo lle vaia facendo falta, provocando que a auga teña que volver a ferver
— e convén retirar a escuma que sae das lentellas ao cocerse

3. Engadimos o arroz, non vos poño cantidades, porque sempre lle boto un puñazo.

4. E mentres ferven, iremos engadindo o prebe de tomate, para que as lentellas collan o espesor e queden máis cremosiñas. Salgamos e probamos de sal. E listo!

vegan lentils

A min encántanme! E dende que as probei así, sempre as fago desta maneira. Unhas lentellas saudábels e cheas de sabor. O truquiño (de miña nai!) de botarlle o prebe de tomate é xenial, porque así, as lentellas collen unha textura máis espesa…vaia, non trato de convencervos máis, que están moi boas e punto! Probádeas e xa veredes 😛

______________________________________________

Vegan lentils

vegan lentils

Yes, I know, lentils is a dish usually made with some chorizo or pork meat, but, from time to time, it’s good to have a healthier option. And for those vegans or vegetarians, a very nutritious and delicious dish (and for the rest as well!) 😀 Besides, you don’t need lots of difficult-to-find ingredients to prepare these super tasty lentils, just some veggies and lots of love 🙂 This time, and for a change, I used some vegan chorizo, but it’s not obligatory and even if you don’t use it, they’ll be as tasty! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 100 gr pardina lentils (no soaking needed)
– 1 vegan chorizo
– 1 chopped carrot
– 1/2 chopped onion
– rice
– 2 bay leaves
– tomato sauce

Step by step preparation:

1. Fry onion, carrot and chorizo with 2 tbsp olive oil.

vegan lentils

2. When almost ready, add water, lentils and bay leaves.

Important!!!

— lentils are added with cold water, first the water and then, the lentils
— Lentils must be scared 😉 This means we will be adding water, so forcing water to re-boil every time we need more water
— take off all the scum layer which is formed on top

3. Add rice, I always add a handful.

4. While cooking, add tomato sauce until you get the desired thickness. Salt and taste. And that’s it!

vegan lentils

I love it!!! Ever since I’ve tried lentils this way, it’s become my favourite! A healthy, tasty, quick and simple recipe! The tomato sauce tip (my mom’s!) allows lentils to get a smooth, thick texture and an incredible flavour. Well, all you have to do is to taste them and you’ll see how right I am 😛

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.