Castañas en almibre / Chestnuts in syrup

Castañas en almibre

castañas almibre

Unha receita moi lambona e saborosa para conservar durante todo o ano un dos froitos máis típicos do noso outono: as castañas. Un almibre con toques de anís, canela e vainilla, que casa perfectamente co sabor das castañas. Faise nun plis e está de vicio! Podedes conservalas nun bote durante un tempo para que collan máis o sabor do almibre, ou deixalas uns diíñas, se non sodes quen de agardar máis 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– 300 gramos de castañas (pesadas despois de cocidas)
– 700 ml de auga
– 300 gramos de azucre moreno
– 1 cullerada de vainilla
– 3 estrelas de anís estrelado
– 1 pau de canela

Preparación paso a paso:

1. Sacámoslle a tona exterior ás castañas e poñémolas a cocer ata que lles caia a pel interior, mais sen que cheguen a desfacerse.

galletas de castañas

2. Sacámoslles a tona, con coidado de que non se nos rompan e de non queimarnos 🙂

castañas

3. Preparamos o almibre mesturando a auga, o azucre moreno, a vainilla, as estreliñas e o pau de canela, poñendo todo a ferver ata que se poña un chisco espeso.

almibre

4. Apagamos o lume, engadimos as castañas e tapamos cun prato para que as castañas collan todo o sabor do almibre.

almibre

5. E para rematar, poñemolas nun bote, pechámolo e poñémolo a ferver en auga quente (ben tapado coa auga) durante uns 20 minutos para pechalo ao baleiro. E listo!

Agora só temos que agardar un tempo para que as castañas collan todo o sabor doce e a cor marrón dourada do almibre e xa veredes o boas que están! Ademais, así, teremos castañas todo o ano, sempre preparadas para facer algunha lambonada ou para acompañar un prato de carne. Que vos parece? A verdade é que é unha maneira barata, sinxela e moi doce de conservar as castañas. O anís estrelado, a vainilla e a canela farán que queirades comer este almibre a culleradas! Vixiade! Que é moi saboroso e pode crear adicción! 😉

___________________________________________

Chestnuts in syrup

castañas almibre

A veeery sweet and delicious recipe to keep one of our favourite autumn products during all year round: chestnuts! I love chestnuts so much!!! And with this tasty syrup with cinnamon, star anise and vanilla, they’re going to be even tastier (if that’s possible!) You can keep them in a jar for as long as you want, or you can just wait for a few days if you cannot resist this so sweet temptation! 😉 Let’s go!

Ingredients:

– 300 gr chestnuts (already cooked)
– 700 ml water
– 300 gr brown sugar
– 1 tbsp vanilla essence
– 3 anise stars
– 1 cinnamon stick

Step by step preparation:

1. Take the outter chestnuts’ skin and boil them until you can easily peel them off, but don’t let them overcook!

galletas de castañas

2. Peel them, being very careful not to break them or burn yourself 😉

castañas

3. Let’s prepare the syrup! Mix water, brown sugar, vanilla, anise stars and cinnamon, and let it boil until thicker.

almibre

4. Turn heat off, add chestnuts and allow to set and cool so chestnuts get all the sryup flavour.

almibre

5. Now, just put the chestnuts and syrup inside a jar, cover every jar with water and let it boil for 20 minutes so they get vaccum sealed. And that’s it!

Allow chestnuts to get all the sweetness and flavours of the syrup, they will get a bright golden brown colour as well! So yummy!!! Besides, we will have chestnuts always ready to prepare any recipe, either to prepare a sweet recipe, or as a side dish with some meat. Meat and chestnuts match perfectly! And mind the syrup! It’s so delicious you will be eating spoonfuls of it so, please, be careful 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.