Flan de castañas / Chestnut creme caramel

Flan de castañas

flan castañas

Hai uns días chegaron ás miñas mans unhas castañas moi boas, xeitosas e ben sabedeiras, e como lle prometín á persoa que mas deu, fixen un flan con elas. E quedou boísimo!!! Un intenso sabor a castaña e unha textura moi suave farán deste flan unha auténtica delicia, perfecta para estes días de outono.

Ingredientes:

– caramelo caseiro
– 400 gramos de castañas xa sen a casca exterior
– 300 ml de leite
– 4 ovos
– 100 gramos de azucre
– licor de anís
– sal

Preparación paso a paso:

1. Facemos o caramelo caseiro e botámolo no molde.

2. Cocemos as castañas cun bo chorro de anís e sal ata que estean brandiñas e batémolas coa batedora xunto co leite ata ter unha crema suave, espesa e moooi saborosa!!!

flan castañas

3. Engadimos os ovos batidos e o azucre e mesturamos todo ben.

flan castañas

4. Botamos esta mestura enriba do caramelo e enfornamos ao baño maría (con auga na bandexa do forno) a 200ºC durante uns 30-40 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo. E listo!

flan castañas

Pintaza de flan, non si? Unha receita de outono para facer con esas castañiñas tan boas e gustosas que temos 🙂 Animádevos, que xa veredes como triunfades cunha receita tan sinxela! E por certo! A crema de castañas cocidas e leite está de vicio, así que se queredes aproveitar e facer un chisco máis e tomala sobre un anaco de pan torrado, caeredes na máis saborosa das tentacións 😀

_________________________________________________

Chestnut creme caramel

flan castañas

Some days ago, some beautiful, tasty and little round chestnuts came to me, and as I promised to my friend, I did a chestnut creme caramel with them. And it’s delicious!!! An intense chestnut flavour and a veeery smooth texture is what you will get with these few ingredients you need. A perfect autumn recipe 😉 Let’s go!

Ingredients:

– homemade caramel
– 400 gr peeled chestnuts
– 300 ml milk
– 4 eggs
– 100 gr sugar
– anise liqueur
– salt

Step by step preparation:

1. Prepare homemade caramel and pour it over the mould.

2. Boil chestnuts with some anise liqueur and salt until soft. Then, beat them together with milk until you get a smooth, thick and very tasty chestnuts cream!

flan castañas

3. Add beaten eggs and sugar and mix well.

flan castañas

4. Pour this chestnut mixture over the mould and bake in a double boil (with water in the baking tray) at 200ºC for around 30-40 minutes or until a toothpick inserted in the middle of the creme caramel comes out clean. And that’s it!

flan castañas

Looks really good, doesn’t it? If you like chestnuts, as I do, you can boil some more and prepare more milk and chestnuts cream. It’s absolutely delicious! And you can have it over some toasted bread…a piece of heaven, promise!!! 😀

2 Comments

  1. Parece que nos escoitaches, haha. Falamos esta semana de preparar esta larpeirada. E que pinta ten este que presentas 🙂 Apertas!

    • Xa hai tempo que tiña gana de facer o flan e que bo está! Paga ben a pena 😉 Non me estraña que tamén se vos ocorrera a vós! Moitas grazas, coma sempre, polos vosos comentarios tan agarimosos! Apertas! 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.