Bolachas de nata / Cream biscuits

image1

Encántanme as bolachas de nata!!! Todas! Mais desta vez, quixen facer a receita da maneira máis tradicional posible. Para iso, merquei dous litros de leite cru O Alle, e fixen a nata na casa. O proceso é sinxelísimo, e paga tantísimo a pena polo seu incrible sabor, que volo recomendo un montón! O leite cru pódese mercar na Praza de Abastos de Santiago ou en tendas como A Cesta da Saúde (en Ramón Cabanillas). Imos aló!

Ingredientes para unhas 50 bolachas:

– 2 litros de leite cru O Alle**
– 135 gramos de tona caseira
– 135 gramos de azucre
– 135 gramos de fariña

*As cantidades de fariña e azucre dependen da cantidade de tona que teñades.

**Leite cru O Alle (leite cru ecolóxico)

leite cru

Preparación paso a paso:

1. Para conseguir a nata, só temos que ferver o leite cru, deixalo arrefriar e sacarlle a nata que queda por riba. Imos fervendo e re-fervendo o leite ata ter a cantidade que queiramos.

galletas

2. Mesturamos a nata co azucre, batendo ben para que quede cremosiño.

galletas

3. Engadimos a fariña xirgada para que non faga boliños e mesturamos de novo.

galletas

galletas

4. Botamos a masa nunha bolsa de plástico e facemos un buratiño pequeno nunha punta. Sobre a bandexa do forno cuberta con papel de forno, facemos pequenos montonciños de masa. Non os xuntedes moito porque no forno vólvense líquidos e tenden a expandirse.

galletas

galletas

5. Enfornamos a uns 200 graos co ventilador posto durante uns minutiños ou ata que vexades que as beiras toman unha cor marrón.

6. Cando as saquemos do forno, aínda estarán algo brandiñas, sacámolas con moito tino e deixamos que arrefríen sobre a grella do forno para que queden crocantes. E listo!!!

galletas

Non perdades a oportunidade e a experiencia de facer a vosa propia nata caseira. Xa veredes como cambia o sabor! E se sobra, cun pouco de azucre sobre unha torrada de pan…mmmm…un pracer para o padal! Con esta materia prima, xa vos podedes imaxinar o boas que están as bolachas! Non duraron nadiña! Se as gardades nunha lata aguantan perfectamente varios días.

galletas

Ñaaam!!! Bo proveito!

____________________________________________

Cream biscuits (traditional recipe)

galletas

I love these biscuits!!! All of them! No matter where you buy them, cream biscuits are always delicious! However, this time, I wanted to try and make the traditional version of these biscuits and make them with homemade whipping cream, getting it from raw milk. The process is really simple and the flavour is just…wow! Very different from all the creams you’ve ever tried! I give you my word! In Santiago, you can buy raw milk in the market Praza de Abastos de Santiago, in La Fromaxerí (San Pedro street)or in A Cesta da Saúde (Ramón Cabanillas street). Let’s go!

Ingredients for around 50 biscuits:

– 2 L raw milk O Alle**
– 135 gr homemade cream (from the raw milk)
– 135 gr sugar
– 135 gr plain flour

**Raw milk O Alle (Galician ecologic raw milk)

leite cru

Step by step preparation:

1. To get our homemade cream, just boil the 2 L of raw milk, allow to cool and take off the layer (which is the cream) that appears on top. Keep it for later and re-boil millk to get some more.

galletas

2. Mix cream and sugar, beating well until smooth.

galletas

3. Add sifted flour and mix again.

galletas

galletas

4. Using a plastic bag, pour the batter in and cut one of the edges. Form little balls of batter over a baking sheet. Leave some space between them because they become liquid in the oven and tend to grow.

galletas

galletas

5. Bake at 200ºC/400ºF for some minutes or until edges become brown.

6. When we take them out of the oven, they’ll be still soft, so be careful. Then, leave them over a wire rack so they become crunchy. And that’s it!

galletas

Don’t lose the chance of making homemade cream! You’ll see how different the flavour is! And if you have some extra cream, don’t worry, with some sugar over toasted bread is…mmm..amazing!!! With these amazing, simple and delicious ingredients, these biscuits are little pieces of heaven!!! 😀 If you keep them in a tin, they’ll be perfect for some days.

galletas

Yum!!! Enjoy!!!!!!!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.