Pizza xaponesa / Okonomiyaki

Okonomiyaki ou pizza xaponesa

okonomiyaki

Dende que fun ao supermercado oriental, xa vedes que de cando en cando saen receitas orientais polo blogue. Ás veces levan ingredientes que poden ser máis difíciles de atopar, máis esta receita é moi sinxela e leva ingredientes que calquera de nós pode ter na leira ou mercar nunha tenda de barrio. Aínda que é coñecido como pizza xaponesa, o okonomiyaki é máis ben como unha tortilla de repolo. Ademáis, fixen esta receita porque tiña gana de ensinarvos unha cousiña moi chula: o katsuobushi Imos aló!

Ingredientes para 3 pizzas xaponesas pequenas:

okonomiyaki

– 120 gramos de fariña
– 1 culleradiña de fermento químico
– un chisco de sal
– 1/2 culleradiña de xenxibre en po
– 160 ml de caldo de polo (ou 160 ml de auga con medio cubo de caldo concentrado)
– 3 ceboliños picados
– 8 lagostinos cocidos
– 250 gramos de repolo picadiño
– 2 ovos
– touciño (opcional)
– prebes ao gusto: prebe de soia, prebe de yakisoba, prebe de okonomiyaki, prebe worcester, maionesa caseira…
– katsuobushi: labras de bonito seco (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Batemos o caldo de polo coa fariña, o fermento, o sal e o xenxibre en po.

okonomiyaki

2. Engadimos os lagostinos picados e os ceboliños. Mesturamos.

okonomiyaki

3. Agora engadimos o repolo picado e mesturamos ata que estea todo moi ben integrado.

okonomiyaki

4. Botamos os ovos e mesturamos de novo.

okonomiyaki

okonomiyaki

5. Nunha tixola, quentamos dúas culleradas de aceite de oliva. Botamos dous culleróns de masa e dámoslle forma de tortilla. E deixamos fritir a lume baixo ata que estea dourada.

okonomiyaki

6. Se lle queremos botar touciño, engadímosllo antes de darlle a volta.

okonomiyaki

7. Dámoslle a volta, ou ben axudándonos con dúas revolvedeiras, ou ben dándolle a volta cun prato, como facemos coa tortilla. Agora deixaremos que se frita ben por ámbolos dous lados.

okonomiyaki

8. Cando xa estea listo o okonomiyaki, podemos botarlle os prebes que queiramos. Eu boteille prebe de soia e yakisoba, maionesa caseira, ceboliño picado e o katsuobushi. E listo!

okonomiyaki

okonomiyaki

En canto á cousiña chula que vos quería ensinar é o efecto que o calor produce no katsuobushi.

katsuobushi

Déixovos un pequeno vídeo que fixen para que vexades como o bonito seco se remove co calor. E non, non había ninguén soprando 😉

Xa vedes que é moi sinxelo e rápido de facer. Iso sí, se o facedes, tede en conta que leva bastante repolo, polo que é mellor para o xantar que para a cea. Agardo que o fagades, que desta vez non hai desculpa, que os ingredientes son ben sinxelos, ou non? Bo proveito!!!

______________________________________________________

Okonomiyaki or Japanese pizza

okonomiyaki

Since I went to the Asian supermarket, I’ve been using the ingredients I bought there and so trying some Japanese or Asian recipes I like. Sometimes, some ingredients of these recipes are not very easy to find, but this won’t be the case with this recipe. Okonomiyaki, a.k.a. Japanese pizza is basically a cabbage omelette, and so you can prepare it with products you may have in your vegetables garden or in any food shop. Besides, I was looking forward to showing you a very special ingredient: katsuobushi. Let’s go!

Ingredients for 3 little okonomiyakis:

okonomiyaki

– 120 gr plain flour
– 1 tsp baking powder
– a pinch of salt
– 1/2 tsp powdered ginger
– 160 ml chicken broth (from concentrated)
– 3 choppen green onions
– 8 boiled shrimps
– 250 gr chopped cabbage
– 2 eggs
– bacon (optional)
– sauces of your choice: soy sauce, okonomiyaki sauce, yakisoba, worcester, homemade mayonnaise…
– katsuobushi: dried tuna (optional)

Step by step preparation:

1. Mix chicken broth, flour, baking powder, salt and powdered ginger.

okonomiyaki

2. Add the chopped shrimps and green onions. Mix well.

okonomiyaki

3. Add chopped cabbage and mix well until all very integrated.

okonomiyaki

4. Add eggs and mix again.

okonomiyaki

okonomiyaki

5. In a frying pan, heat two tbsp olive oil. Add around 8 tablespoons of okonomiyaki mixture and give an omelette shape. And let it fry at a medium temperature until golden.

okonomiyaki

6. If you want to add some bacon, put it over the okonomiyaki before fliping it over.

okonomiyaki

7. Turn the “omelette” over, you can either do it with two spatulas or using a plate, as you would do with an omelette. Now we just have to let it cook well on both sides.

okonomiyaki

8. When the okonomiyaki is ready, it’s time to top it with our favourite sauces. I used soy and yakisoba sauce (if you hace okomiyaki sauce, that’s perfect), some homemade mayonnaise, finely chopped green onions and katsuobushi. And that’s it!

okonomiyaki

okonomiyaki

About katsuobushi, the ingredient I wanted to show you, the amazing thing is how it moves when coming into contact with the hot okonomiyaki.

katsuobushi

I made a little video to show you the way the dried tuna moves when you put it on top of the Japanese pizza. And I swear nobody was blowing it 😉

As you have seen, it’s quick, easy and delicious! As it has a good amount of cabbage, I would recommend it for lunch, and not for dinner. Ingredients are easy to find, the recipe is very easy and the result is beautiful and flavourful!!! Enjoy it!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.