Gyozas: empanadiñas xaponesas / Japanese Gyozas

Gyozas: empanadiñas xaponesas

gyoza

Se algunha vez probastes estas empanadiñas, xa sabedes o boas que están, e que comer unha detrás de outra e non poder parar acostuma a ser o habitual. E seguro que en canto vexades esta receita e o doada que é, poñerédesvos coas mans na masa. E para aqueles que aínda non as probastes, xa non tendes desculpa. E ademáis, pódense rechear do que máis vos guste. Eu fíxenas cun dos recheos máis típicos, máis por probar que non quede. Imos aló!

Ingredientes para 20 gyozas:

– 150 gramos de lombo de porco
– 50 gramos de col
– 60 gramos de champiñóns
– 2 culleradas de aceite de oliva suave ou de xirasol
– sal
– 1/2 culleradiña de xenxibre en po
masiñas para gyozas (receita caseira)
– prebe de soia (para mollar)

Preparación paso a paso:

1. Picamos nunha picadora ou co coitelo o lombo de porco, a col e os champiñóns.

gyoza

2. Engadimos sal, xenxibre en po, as dúas culleradas de aceite de oliva suave e mesturamos todo ben.

gyoza

3. Collemos unha masa para gyozas (ou para dumplings, dim sum…son todas similares). Poñemos unha culleradiña de recheo no medio e mollamos todo arredor dos bordes para poder pechala.

gyoza

4. Para pechar as gyozas, primeiro dobramos a masa á metade sen chegar a xuntalas e xuntamos a esquiniña da esquerda.

gyoza

5. A continuación, iremos facendo pequenas dobreces na masa mentres imos pechando a empanadiña. Se vemos que non pecha ben, sacamos recheo. Non vos preocupedes se rompe algo a masa, cun chisco de auga, únese perfectamente. E se non nos sae moi ben, xuntamos as dúas metades, pechamos e listo! 😉

gyoza

gyoza

6. Á hora de cociñalas, podémolo facer de dúas maneiras, ou ben ao vapor, ou ben fritidas e despois ao vapor. (Na miña opinión, están máis boas as que van fritidas, máis se se fan ao vapor, tamén se poden fritir un chisco despois, polo que calquera das dúas maneiras resulta ben sabedeira!)

Gyozas ao vapor

Eu fíxenas na vaporeira de bambú, agora é bastante sinxelo atopalas, non son nada caras e van moi ben.

image

7. Poñemos a vaporeira enriba dunha pota con auga fervendo, colocamos as empanadiñas enriba dun anaco de papel vexetal e poñémolas sobre a vaporeira. Pechamos a vaporeira, e ao cabo de 10 minutos, cando vexamos que a masa inflou un pouco, xa as poderemos sacar, que xa estarán no seu punto.

gyoza

gyoza

Gyozas fritidas e ao vapor

8. Para facelas deste xeito, só precisamos unha tixola. Primeiro, fritimos a lume medio-baixo as gyozas ata que estean douradiñas (só pola base), e despois, engadimos uns 50 ml de auga, baixamos o lume, tapámola tixola e deixamos que rematen de facerse ao vapor. De novo, cando infle a masa quererá dicir que xa están perfectas.

gyoza

gyoza

gyoza

E listo! De calquera das dúas maneiras están boísimas. Se as facemos ao vapor, tamén podemos despois fritilas un chisco, e senón, así tamén están de vicio! Xa vos aviso de que son adictivas, e se as probades, seguro que repetides máis dunha vez. Se tódolos ingredientes son frescos, sempre as podemos conxelar e telas preparadas para calquera ocasión. E non vos asustedes por ter que pechalas, a min levoume 40 minutos pechar as 20, que para seres a primeira vez, non está nada mal 😀 Agardo que vos guste a receita e vos animedes a facela. Bo proveito!!!

_________________________________________________

Japanese Gyozas

gyoza

If you’ve ever tried these Japanese gyozas, you know how delicous they are, and that eating one after another, and not being really able to stop eating them is the usual thing, so as soon as you see this recipe, you’ll be preparing them every other day. And for those who haven’t tried them yet, you have no excuses now, ’cause this recipe is incredibly easy. And you can fill them with anything you like! I did them with one of the most typical fillings, but you can always try whatever you feel like! Let’s go!

Ingredients for 20 gyozas:

– 150 gr pork loin
– 50 gr cabbage
– 60 gr mushrooms
– 2 tbsp olive or sunflower oil
– salt
– 1/2 tsp powdered ginger
gyozas wrappers (homemade recipe)
– soy sauce (to dip)

Step by step preparation:

1. Process in a food processor the pork loin, cabbage and mushrooms.

gyoza

2. Add salt, powdered ginger, the 2 tablespoons of oil and mix until all well integrated.

gyoza

3. Pick a gyozas wrapper (or dumplings, dim sun…they’re all similar). Put some filling (over a teaspoon) on the weapper and wet the edges all around so we can close it easily.

gyoza

4. To close gyozas, first fold them in half but don’t push both sides together, and then press the left corner. This will be the beginning.

gyoza

5. Then, we just have to keep on making more pleats to the right of the first one. The amount of filling may vary depending on the size of the wrappers, so if you see it’s too much, just take out some. Don’t worry if it breaks a bit, with some water it will be ok again. And if you cannot do it this way, you can always press it and close it! 😉

gyoza

gyoza

6. When cooking them, we can do it in two different (but somehow related) ways, either steam them or fry them and then steam them. I like the fried ones better, but if you prefer doing them on a steamer, you can always fry them a bit as well. So, no matter they eay you do them, they’re incredibly tasty!

Steamed gyozas

I did them in a bamboo steamer, they’re quite easy to find, cheap and they work very good.

image

7. Put the bamboo steamer over a pot with boiling water and put the gyozas over a piece of baking sheet (or a cabbage leave) on the steamer. Close the steamer and wait 10 minutes, if you see the wrapper is shiny and a bit bigger, gyozas will be ready.

gyoza

gyoza

Fried and steamed gyozas

8. To do them this way, we just need a frying pan. First, fry gyozas at a medium-low temperature until the base of the gyoza is golden brown. Then, add 50 ml water, put a lid on the pan and let gyozas steam for a while. Again, we will know they’re ready when the wrappers are a bit bigger and shinier.

gyoza

gyoza

gyoza

And that’s it! They’re yummy in every single way. If you steam them, you can fry them a bit after it. But if you don’t, they’re tasty as well, and even healthier 😉 Be careful! They’re addictive and once you try them, you will repeat for sure! If all ingredients are fresh, you can keep them in the freezer and have them ready for every occasion. And don’t panic for having to close them, it took me 40 minutes to close 20 gyozas, and being my first time, I think I did a pretty good job. 😀 I hope you like the recipe! Enjoy it!!!

2 Comments

  1. Boa pinta!! Onde Mercas a masa? Eu fixenas cas da empanadilla normal, e claro perden gracia

    • Eu merqueinas na nippon store, en Compostela, na rúa Fernando III o santo. Tamén teñen tenda en liña, e senón sempre che podo facer un envío 😉 Graciñas! A verdade é que estaban ben boas, mágoa que de acaben tan axiña 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.