Yakisoba con verduras e volandeiras / Queen scallops & veggies yakisoba

Yakisoba con verduras e volandeiras

yakisoba

Hai uns días fun a un supermercado asiático e arrasei, hihihi! Son un perigo! Encántame a comida xaponesa, o sushi, as gyozas, os mochis, os udon, os yakisoba, as okonomiyakis (pizzas xaponesas)…ata o de agora, todo o que probei gustoume! E como me gusta tanto comela, tamén me gusta cociñala, porque xa se sabe, que despois de cociñala, toca papar, non si? Os yakisoba son como uns espaguetis que se toman cun prebe especial e xeralmente acompañados de verduriñas e carne de porco ou lagostinos. Máis como tiña volandeiras pola casa, decidín facer unha versión con verduras e volandeiras. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

yakisoba

– 1/2 cabaciño en xuliana
– 1 cenoria en xuliana
– 10 ou 12 volandeiras
– 3 ou 4 allos
– uns 60 gramos de prebe para yakisoba
– 300 gramos de yakisoba secos ou hidratados*
– uns 100 gramos de cogomelos (se atopades shiitake moito mellor, eu usei trompetas)

*Neste caso, os yakisoba eran hidratados. Se os mercades secos, teredes que seguir as intruccións para hidratalos, que será cocelos durante un tempo.

Preparación paso a paso:

1. Primeiro de todo, darémoslle un lixeiro toque de sabor a allo fritindo uns alliños en 3 culleradas de aceite de oliva. Cando estean doradiños, retirarémolos e engadiremos as verduras e os cogomelos.

yakisoba

yakisoba

2. Cando xa case estean, engadimos as volandeira, baixamos o lume e tapamos a tixola, para que se fagan un chisco ao vapor.

yakisoba

3. Engadimos os yakisoba e mesturamos ben tódolos ingredientes.

yakisoba

4. Botamos o prebe e imos mesturando todo ata que o prebe estea ben repartido por tódolos yakisoba e xa teñan esa característica cor marrón. E listo!

yakisoba

A receita é moi sinxela, o que pode ser máis complicado é atopar os ingredientes. En Compostela, podedes atopar produtos xaponeses na Nippon Store, na rúa Fernando III o santo, 20, ou ben pedilos e que volos traian á casa. Se coñecedes algunha tenda máis, xa sexa en Compostela, ou en calquera recuncho galego, non dubidedes en comentarmo e actualizarei a entrada.

Aquí vos traio 2 direccións máis de sitios onde mercar produtos asiáticos! Grazas Xabier e Lucía por poñerme ao día! Sodes amor!

En A Coruña: Supermercado Amigo, na rúa Tornos 22 (cruce coa Ronda de Outeiro)
En Vigo: Supermercado Rebeca Sol, na Avenida Gran Vía, 80.

Unha vez teñades os ingredientes, os yakisoba fanse nun intre, e son perfectos para calquera ocasión. A min gústame comelos con paíños, máis iso xa depende do gusto (e da paciencia) de cada quen! 😉 Bo proveito!

___________________________________________________

Queen scallops and veggies yakisoba

yakisoba

Some days ago, I went to an Asian supermarket and I bought a bunch of things! I love Japanese food, sushi, gyozas, mochis, udon, yakisoba, okonomiyakis…I am a huge fan of everything I’ve tried up to now. And as I love so much eating Japanese food, I’m very fond of preparing it at home, cause, you knoe, if you cook it, you’ll eat it, right? 🙂 Yakisoba are like spaghetti which are cooked with a special sauce, veggies and pork meat or shrimps. But as I had some Galician queen scallops at home, I decided to try and prepare yakisoba with queen scallops and veggies. Let’s go!

Ingredients for 2:

yakisoba

– 1/2 zucchini, julienne
– 1 carrot, julienne
– 10 or 12 queen scallops
– 3 or 4 garlic cloves
– around 60 gr yakisoba sauce
– 300 gr dry or hydrated yakisoba*
– c. 100 gr mushrooms (shiitake or any other you like, mine were cantharellus)

*In this case, yakisoba were hydrated, if you buy them dry, follow the package instructions to hydrate them, usually boiling them for a while.

Step by step preparation:

1. First of all, fry the garlic cloves with 3 tbsp of olive oil, so the oil gets a garlic flavour. When the cloves are golden brown, take them out and add the veggies and the chopped mushrooms.

yakisoba

yakisoba

2. When veggies are ready, add the queen scallops, set the heat at a low-medium temperature and put a lid over the pan so the scallops will be steamed.

yakisoba

3. Add the yakisoba and mix all ingredients very well.

yakisoba

4. Add the yakisoba sauce and mix for a while until all ingredients have sauce on them and they have got that characteristic brownish colour. And that’s it!

yakisoba

The recipe is very simple, the more complicated part can be finding the ingredients, though in any Asian supermarket you have around, you can easily find them. And if you don’t, you can always order them online, there are lots of shops which sell Japanese products.

Once you’ve got the ingredients with you, yakisoba will be ready in a bit! And they’re perfect for every occasion. I love eating them with chopsticks but that depends on how you like them (and a matter of patience too)! 🙂 Enjoy it!

2 Comments

  1. Ola! Eu tamén son superfan da comida asiática e quería comentarche que na Coruña temos o supermercado Amigo, na rúa Tornos 22 (cruce coa Ronda de Outeiro), onde teñen unha grande variedade de comida asiática a moi bo prezo.
    Ánimo co blogue e a seguir facendo receitas con tan boa pinta como estes yakisoba! 🙂

    • Ola Lucía! Moitísimas grazas polo apunte! Agora mesmo actualizo a entrada e engádoo, que así poden saber máis larpeiros onde mercar estes yakisoba que tan de vicio están! 😀 E grazas tamén polo comentario tan agarimoso!!! Con estes ánimos, aínda saen as receitas máis saborosas 🙂 Grazas!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.