Hamburguesas recheas de queixo / Cheese stuffed burgers

Hamburguesas de tenreira recheas de queixo

cheese burgers

Despois de dúas receitas de hamburguesas vexetais, xa ía tocando unha receita de hamburguesa de carne.E para darlle un toque diferente, van recheas de queixo. A receita é ben doada, e o resultado é saborosísimo! E a pinta…vaia, xa se ve na foto, non? 😀 Eu acompañeina de cebola, leituga de folla de carballo e rúcula. Imos aló!

Ingredientes para dúas hamburguesas:

– 350 gramos de carne de tenreira picada
– 1/2 cebola picada
– especias ao gusto e sal
– queixo (o voso favorito)
pan de hamburguesa caseiro
– leituga de folla de carballo, rúcula (eiruga) e cebola

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos a carne picada, a cebola picada, as especias e o sal.

cheese burgers

2. E dispoñémonos a preparar as hamburguesas (eu empreguei o kit de hamburguesas que me trouxo o Apalpador!). Botamos unha pouca carne picada e dámoslle forma de hamburguesa.

cheese burgers

3. Facémoslle un buratiño xeitoso e alí, poñemos o queixo.

cheese burgers

cheese burgers

4. Tapamos co resto da carne e dámoslle forma de hamburguesa.

cheese burgers

5. Envolvemos as hamburguesas nun prástico transparente e deixámolas no frigo para que despois conserven mellor a forma ao fritilas.

cheese burgers

6. Fritímolas con 3 culleradas de aceite de oliva a lume baixo para que se fagan ben por dentro. Cando estean a punto por un lado, dámoslle a volta e deixamos que se fagan polo outro lado.

cheese burgers

cheese burgers

7. Colocámolas sobre o pan, engadímoslle a cebola e as leitugas e listo!

cheese burgers

Só con ver as fotografías ao escribir a receita, éntrame a fame! Non me digades que non ten boa pinta ese queixiño esvarando pola carne abaixo…mmmmmm! Calquera queixo cremoseiro, servirá para estas hamburguesas, ou mesmo queixo de cabra ou queixo azul. Agora que xa sabemos como facer hamburguesas recheas de queixo, só temos que experimentar e probar a facelas cos ingredientes que máis nos gusten. Bo proveito!

E se queredes ver unha versión con queixo de cabra e cebola, non deixedes de botarlle un ollo a esta receita!

_________________________________________________________

Cheese stuffed burgers

cheese burgers

After writing 2 recipes of non-meat burgers, it was about time to make a meat burger! And to make a different one, we’ve decided to make it cheese stuffed. The recipe is quite simple, and the result is incredible! And it looks wow…well, you can see it in the picture, can’t you? 😀 I then added some onion, oak leaf lettuce and rocket salad. Let’s go!

Ingredients for two burgers:

– 350 gr minced beef
– 1/2 finely chopped onion
– some spices and salt
– some cheese (your favourite one)
homemade burger buns
– oak leaf lettuce, rocket salad and onion

Step by step preparation:

1. Mix the minced beef, onion, spices and salt.

cheese burgers

2. And now we just have to prepare our burgers! (I used the kitburger the Apalpador brought me this Xmas!) Add some minced meat and give it a round form.

cheese burgers

3. Make a little hole in it and add some cheese.

cheese burgers

cheese burgers

4. Cover the cheese with more meat and give it a burger form.

cheese burgers

5. Cover the burgers with some plastic wrap and allow them to cool in the fridge for them to keep the shape while frying.

cheese burgers

6. Fry the burgers with 3 tbsp of olive oil at a low temperature. When done on the one side, flip them over and fry them until well done on both sides. And of course, in the middle as well.

cheese burgers

cheese burgers

7. Put the burger over the burger buns, add some onion rings, lettuce, rocket salad, and that’s it!

cheese burgers

Now that I’m writing the recipe and I’m looking at the pictures again, I feel like preparing them and eat them right now! Don’t they look delicious with the cheese falling down the meat? Mmmmm, amazing! You can use any cheese you like, even goat cheese or blue cheese will be delicious as well. Now that we know how to prepare these burgers, we can try many different ingredients, so try and tell me! Enjoy it!

4 Comments

  1. Como non van ter boa pinta con eses ingredentes:o queixo de Bama a mín é o único que me gusta e,que imos decir da nosa tenreira galega é a mellor, ja,ja.Como carne e queixo galego teño ,só hai que poñerse mans a obra.Grazas unha vez maís kukinhas por decirme o menú de .mañán.Un saúdo moi agarimoso.

    • E tanto! O queixo de Bama e a tenreira galega quedan de medo. E aos que nos gusta o queixo de Bama, case nos gusta con todo 🙂 Agardo que che gusten e que mandes unha foto cando as prepares. Son moi sinxeliñas e o sabor é fabuloso. Unha aperta!

  2. Graciñas pola mención!!! Éche moi boa idea usar eses pratiños, quedan bastante máis xeitosas 😀

    Unha aperta!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.