Espetos de peixe sapo e lagostinos / Monkfish and king prawn skewers

Espetos de peixe sapo e lagostinos

Brochette

Unha receita desas tan sinxelas e tan boas que estou segura de que as faredes e repetiredes. O peixe sapo está boísimo, e a min como máis me gusta é así, ao natural, sen salsas que tapen o seu sabor. Ademáis, é un prato moi saudable! Imos ver como se fai.

Ingredientes para 6 brochetas:

400 gramos de peixe sapo
17 lagostinos crus
Sal
Paus de madeira para espetos
Asubiote (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Para facer os espetos, temos que dicir na peixería que queremos o peixe sapo en lombos.

2. Despois cortaremos os lombos en pequenos medallóns para poder cravalos despois nos paus de espeto. Salgámolos e botámoslle un chisco de asubiote (opcional).

image

3. Pelamos os lagostinos e salgámolos. (Podedes gardar as cabezas para facer unha auga de marisco para un arroz, por exemplo).

image

4. Agora iremos cravando os ingredientes no espeto alternando peixe sapo e lagostinos segundo a vosa preferencia. Dependendo da tixola que empreguedes, os espetos poderán ser máis longos ou máis curtos, polo que recoméndovos que miredes antes de poñervos ao choio, non vaia ser que despois non caiba 😉

image

5. Fritimos os espetos na tixola con suficiente aceite para que os ingredientes o toquen. Iremos xirando ata que estean ben feitas. E listo!

image

Como vedes, é unha receita sinxela, rápida e saborosísima. Así que se vos gustan os lagostinos e mailo peixe sapo, non deixedes de probar estes sabedeiros espetos.

_______________________________________________________

Monkfish and king prawn skewers

Brochette

This is one of those recipes so easy, quick and delicious you’ll prepare and repeat for sure! Monkfish is delicious, especially like that, prepared in a natural way, not with sauces which hide its tasty flavour. Besides, this dish is veeery healthy. Let’s see how to do it.

Ingredients for 6 brochettes:

400 gr monkfish
17 raw king prawns
Salt
Wood skewers
Basil (optional)

Step by step preparation:

1. To prepare this recipe, we need to tell the fishmonger that we want the monkfish in fillets.

2. Chop the fillets and add salt and basil (optional).

image

3. Peel the king prawns and salt them. (You can keep the rest to prepare some seafood broth for a rice dish, for example!)

image

4. Now, prepare the brochette, alternating prawns and monkfish, as you like it. Depending on the pan, you can do the brochettes longer or shorter, so check the size of the brochette to fit in the pan.

image

5. Fry them, trying to set the ingredients in the middle of the pan so that they all touch the oil. Turn it from time to time until all the sides are done. And that’s it!

image

As you could see, this recipe is easy, quick and incredibly tasty. So if you like monkfish and prawns, don’t hesitate in tasting these delicious brochettes!

2 Comments

  1. Sigue así kukinhas, pratos simples ideais para zampóns como min ^_^

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.