Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada

Empanada de millo de berberechos

empanada millo

Cando un ten un blogue de cociña, aproveita para facer todas esas receitas que sempre quixo facer, ou polo menos todas aquelas que lle gusta papar. E a empanada de millo é unha das miñas preferidas. Gústame con berberechos, con xoubas, con bacalao, con zamburiñas (desta seguro que haberá receita!) e case con calquera ingrediente! Aterraba un pouco a idea de facela porque todo o mundo me dicía: esa empanada é moi mala de facer, porque a masa non liga. E é ben certo que non liga, pero xa vos digo que iso non a fai complicada e polo resultado ben vale a pena. Así que xa vedes que non hai excusa. Imos aló!

Ingredientes para a masa:

– 900 gramos de fariña de millo (da amarela, non maicena)
– 100 gramos de fariña de centeo*
– 15 gramos de sal
– 40 gramos de fermento fresco
– 700 ml de auga

*Eu boteille de centeo, pero podedes empregar só millo ou mesturala con fariña de trigo.

Ingredientes para o recheo:

– 800 gramos de cebola
– 500 gramos de berberechos (sen cuncha)
– sal
– azafrán ou colorante

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos ambas fariñas.

empanada millo

2. Engadimos o sal e mesturamos de novo.

empanada millo

3. Nun vaso de auga (200 ml) tépeda, desfacemos o fermento e engadímolo á masa.

empanada millo

4. Seguimos botando auga ata que a masa xa non se nos pegue nas mans. A cantidade de auga é orientativa, por iso o máis recomendable e ila botando pouco a pouco e mesturando.

5. Deixamos repousar a masa durante unha hora tapada cun trapiño nun sitio quente (podedes quentar o forno uns 5 minutos e meter a masa dentro). Non fermenta moito, pero convén que repouse.

empanada millo

6. Mentres, preparamos o recheo. A min gústame simplemente con cebola e berberechos, pero hai quen lle bota tamén pementos. Fritimos a cebola.

empanada millo

7. E cando xa case estea a punto, engadimos os berberechos. Fritímolos ata que estean listos e salgamos.

empanada millo

8. Engadimos o colorante ou azafrán e remexemos suavemente para que colla cor.

empanada millo

empanada millo

9. Co aceite de fritir as cebolas e mailos croques, “pintamos” a bandexa do forno tanto por baixo coma polos lados. Non teñades medo de botar ben de aceite, porque a masa de millo precisa moito.

empanada millo

10. E agora toca ir facendo a base da empanada. Coas mans húmidas, colleremos pequenos anacos de masa, faremos unha pequena bola e irémola colocando pola base, procurando facer as beiras e tentando que quede o máis fino posible. De cando en vez, teremos que lavar as mans para que non se nos pegue a masa.

empanada millo

11. E iremos cubrindo toda a bandexa desde xeito, unindo os anacos de masa.

empanada millo

12. Cando xa estea a base lista, botamos o recheo por riba e mailo aceite de fritir.

empanada millo

13. E agora toca facer a parte de arriba do mesmo xeito que fixemos a de abaixo. Agora será máis difícil que quede tan finiño coma por baixo, pero quedará ben igualmente.

empanada millo

14. Unha vez rematada, podemos “dobrar” as beiras cara adentro coa axuda dun coitelo.

empanada millo

empanada millo

15. Antes de metela no forno, faremos as marcas do corte para que despois sexa máis doada de cortar. Podédelo facer cun coitelo.

empanada millo

16. Metémola no forno a 180ºC durante uns 50 minutos a media altura no forno. E durante 10 minutos tamén a 180º nunha altura superior, para que colla unha cor dourada por riba.

empanada millo

E listo! Xa temos a nosa empanada de millo de berberechos feita! Xa vedes que a pesares da fama, non resulta nada complicada e, como xa vos dixen antes, vale moito a pena, pois está boísima! Ademáis, podedes recheala dos ingredientes que máis vos gusten.

Agardo que vos gustara e que vos animedes a facela! Se o facedes, podedes enviar unha foto a través de facebook, twitter ou a kukinhas@kukinhas.com

__________________________________________________________

Galician cockle empanada

empanada millo

The best thing about having a blog is the possibility of preparing those recipes you always wanted to prepare, or those you always wanted to eat and repeat! This empanada made with cornflour is one of my favourites! I like it with cockles, queen scallops, little sardines, cod…and almost any ingredient! This kind of empanada was and is isually eaten with seafood or fish. Although a bit scared at first, because I’ve been warned about the difficulty of this empanada (you have to do it step by step because cornflour dough does not bind), I find it quite easy, and I must confess that the result is totally worthy! Let’s go!

Ingredients for the dough:

– 900 gr cornflour
– 100 gr rye flour*
– 15 gr salt
– 40 fresh yeast
– 700 ml water

*I used rye flour, but you can use only cornflour or add some plain flour.

Ingredients for the filling:

– 800 gr onion
– 500 cockles
– salt
– saffron or food colouring

Step by step preparation:

1. Mix both flours.

empanada millo

2. Add salt and mix.

empanada millo

3. In a glass of warm water (200 ml), dissolve the fresh yeast and add it to the flours.

empanada millo

4. Keep on adding cold water until the dough stops being sticky. The quantity of water may vary, so I recommend you to add it bit by bit while mixing.

5. Let it settle for an hour covered by a cloth in a warm place. You can heat the oven for 5 minutes and put the dough inside it. It doesn’t leaven a lot, but it needs to settle.

empanada millo

6. Meanwhile, prepare the filling. I like it with onion and cockles, but you can add peppers. Fry the onion.

empanada millo

7. When almost ready, add the cockles and fry them for a while. Add salt.

empanada millo

8. Add the saffron or colouring and mix softly for it to get colour.

empanada millo

empanada millo

9. With the oil used to fry the onions and cockles, “paint” the baking tray, on the sides too. Don’t be afraid of putting too much oil, this kind of dough needs quite oil.

empanada millo

10. And now it’s time to prepare the empanada base. With your hands wet, take small pieces of dough, form a ball, and spread it over the tray, covering the sides too, trying to do it as thin as possible. From time to time, you will have to wash hands, because the dough can turn sticky.

empanada millo

11. Cover the whole base this way, putting the pieces of dough together.

empanada millo

12. When ready, add the filling and the oil we used to fry it.

empanada millo

13. And now, the top of the empanada! We will do it in the same way as we did the base. Now, it will be a bit harder, but the top does not need to be so thin.

empanada millo

14. Bend the sides of the empanada towards the inside using a knife or a fork.

empanada millo

empanada millo

15. Before baking, make the cut marks using a knife. Thus, the empanada will be easier to cut after baking.

empanada millo

16. Bake it at 180°C/375°F for 50 minutes at a medium position in the oven. Then, at the same temperature, for 10 minutes at the top of the oven, to get a dark golden colour on top.

empanada millo

And that’s it! Here we have our Galiciam cockle empanada ready to be eaten! As you can see, it’s very easy and the result is amazing! And I’m sure you’ll love it. And you can try different fillings, of course.

I hope you loved it! If you prepare it, you know you can send me your comments or pictures to kukinhas@kukinhas.com, facebook or twitter! 😉

2 Comments

  1. Esta é a miña empanada preferida, a fago de vez en cando, a túa ten unha pintaza estupenda. Bicos

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.