Plumas con prebe de queixo azul e noces / Penne pasta with blue cheese sauce and walnuts

Plumas con prebe de queixo azul e noces

image

Botando un ollo hai uns días pola tenda de comida de Ikea, déronnos na vista uns queixos (como non) que tiñan moi boa pinta, así que, como supoñedes, acabaron na casa! Un deles é un queixo azul ecolóxico con moi boa pinta, e mellor sabor. E aí veu a idea de usalo para facer esta receita. Asi que… Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

image

– 100 gramos de plumas
– 40 gramos de queixo azul
– 6 noces
– 250 ml de leite evaporado
– un chisco de perixel picado para decorar

Preparación paso a paso:

1. Cocemos a pasta, neste caso plumas, segundo indique o envase.

2. E mentres se coce, preparamos o prebe. Nunha tixola, botamos o leite evaporado e deixamos que reduza e comece a espesar a lume moi lento para que non se nos pegue.

image

3. A continuación, engadimos o queixo azul e remexemos para que se desfaga.

image

4. Sen parar de remexer, deixaremos que a salsa ferva ata que espese. Segundo vos guste máis ou menos espesa, deixarédela ferver máis ou menos tempo, porque o leite irase evaporando.

5. Engadimos as noces picadas en anacos grandes.

6. Escorremos a pasta e botámola no prebe, integrándoo todo ben.

image

7. Presentámolo no prato e decoramos as plumas cun chisco de perixel picado. E listo! (Kukiconsello: moi recomendable acompañar o prato cun anaco bo de pan para mollar no prebe!)

________________________________________________

Penne pasta with blue cheese sauce and walnuts

image

Having a look some days ago at the Ikea food shop, it appeared in front of my eyes some cheese, and as I couldn’t help it, I bought some. One of them is an ecologic blue cheese which, in fact, has a very nice flavour. And that’s how the idea of preparing this recipe came, so… Let’s go!

Ingredients:

image

– 100 gr penne pasta
– 40 gr blue cheese
– 6 walnuts
– 200 ml evaporated/dehydrated milk
– some finely-chopped parsley

Step by step preparation:

1. Boil the pasta, penne in this case, as shown in the packet.

2. While it’s boiling, let’s prepare the sauce. In a pan, stir in the evaporated milk and let it reduce and start to thicken a bit on a slow burn.

image

3. Then, add the blue cheese and let it melt.

image

4. Boil the sauce until it has the desired texture for you. The milk will evaporate so you can let it boil until you like the texture.

5. Add the chopped walnuts.

image

6. Strain the pasta and add it to the sauce, mixing and integrating all well.

7. To present it, decorate it with some parsley. And that’s it! (Kukitip: I highly recommend you to side this dish with some bread to soak the sauce!)

2 Comments

  1. Que boa pinta! Vouno probar con gorgonzola!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.