Crema de cabaciña caseira / Home-made pumpkin soup

Crema de cabaciña caseira

image

Encántame a crema de cabaza! E máis aínda tendo esta preciosidade de cabaza que foi cultivada na casa 😉

image

Aínda estou agardando por esa cabaza xigante que algún día nacerá na nosa leira, e coa que sairei na televisión toda orgullosa,jejeje. Mentres tanto, confórmome con estas máis “pequenas” que, a pesar de non facerme sair na tele, permítenme ter o pracer de gozar delas nesta deliciosa crema. E que nos fai falta?

Ingredientes:

– 700 gramos cabaciña
– 2 cenorias
– 1/2 cebola
– 4 chalotas
– 1 queixiño (opcional)
– sal
– aceite de oliva virxe extra

Preparación paso a paso:

1. Preparamos tódolos ingredientes (agás o queixiño) e cortámolos en anacos non moi pequenos, como vemos na imaxe.

image

2. Ao cortar a cabaciña, podedes gardar as pepas, ou ben para prantalas de novo, ou ben para comelas. Só as teredes que poñer nun sitio seco, ou onde lles dea o sol, e cando estean secas…xa está! Listas para comer! E que boas están!

image

3. Poñeremos a cocer tódolos ingredientes previamente cortados, engadimos auga ata que cubra e botámoslle sal e un chisco de aceite.

4. Cando estean cocidos, poderemos sacar un pouco de auga antes de bater, por se nos quedara líquido de máis. Se despois a precisades, só tedes que engadila. Batémolo todo coa batedora e probamos de sal. Se queredes, podedes engadirlle un queixiño, para que quede máis cremosa. E listo! (É recomendable fervela un chisco máis antes de servila para tomala quentiña)

image

Tamén se lle pode engadir un pouquiño de aceite de oliva virxe extra, daralle un toque moi agradable.

___________________________________________________

Home-made pumpkin soup

image

I love pumpkin soup! And especially having this beautiful pumpkin, which I took from our garden 😉

image

I’m still waiting for that giant pumpkin which will give my 15 minutes of glory on TV, but meanwhile I will use these ones, that, although are “little”, I can use them to prepare this amazingly tasty soup. And what do we need?

Ingredients:

– 700 gr pumpkin
– 2 carrots
– 1/2 onion
– 4 shallots
– 1 cheese wedge (optional)
– salt
– extra virgin olive oil

Step by step preparation:

1. Chop all the ingredients (except the cheese), as in the picture.

image

2. When cutting the pumpkin, you can keep the seeds, either to plant them again or to eat them. Just let them dry and they will be ready and delicious!

image

3. Boil all the ingredients with enough water to cover them all, a pinch of salt and some oil.

4. When they’re done, it’s time to blend all the ingredients. To prevent the soup from being too liquid, just take some water out before blending, you can then add more if needed. When the soup is ready, you can add a cheese wedge and blend again, for it to be smoother. And that’s it! Boil it again to serve it hot.

image

You can also add some extra virgin olive oil, it will give it a very nice touch.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.