Leite de paxaro / Bird’s milk

Leite de paxaro

IMG_1486

Paseando polo mundo, un descubre interesantes curiosidades gastronómicas. O leite de paxaro resulta ser unha desas que sorprende, e non só polo seu nome, senón polo seu sabor.

Este postre, que se comezou a producir no ano 1936 en Polonia, é un deses productos típicos que non podedes deixar de probar se algunha vez visitades este país.

O nome, segundo a lenda, ten a súa orixe na crenza de que antigamente existían unhas aves mitolóxicas que producían leite e amamantaban ás súas crías. Este leite tiña poderes curativos, de maneira que quen o bebía, non padecería nunca ningunha enfermidade. Por outra banda, tamén contan que se utilizaría para espantar amantes non desexados, pedíndolles que foran buscar leite de paxaro, similar ao noso: estatalá ou cazar gazafellos.

Estes doces preséntanse nun tamaño similar ao dos bombóns, recubertos de chocolate. Por dentro, a textura recorda á das nubes ou malvaviscos. Estes en concreto levan marmelada de amorodo por dentro e teñen un lixeiro toque a vainilla.

IMG_1489

A verdade é que o sabor é delicioso, e en canto se abre unha caixa, desaparecen axiña!

Así que se nalgunha ocasión, tedes a posibilidade de visitar Polonia, non dubidedes en probar este delicioso manxar de leite de paxaro.

________________________________________________________________________

Bird’s milk

IMG_1486

Walking around the world, we can discover some interesting gastronomic curiosities. Bird’s milk is one of those that surprise you, and not only because of the name, but also because of its flavour.

This dessert, which started to be produced in Poland in 1936, is a typical product that you cannot miss if visiting this country.

The name, according to the legend, has its origin in some mythological birds which produced milk and gave it to their young ones. This milk had healing effects and prevented people from having illnesses. On the other hand, it was also used as a way of getting rid of undesired lovers, by telling them to look for some bird’s milk, in the same way as we nowadays use: snipe hunting.

They are small and have a thin chocolate layer. The inner texture looks like that of the marshmallows. The ones in the picture have strawberry jam and a little vanilla touch.

IMG_1489

The truth is that its flavour is amazing and, as soon as the box is opened, they disappear!

So, if you ever happen to go to Poland, don’t hesitate to buy this delicious bird’s milk.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.