Azucre invertido / Inverted sugar syrup

Breve explicación do que precisamos e como se fai o azucre invertido.

Para o azucre invertido:
– 350 gramos de azucre
– 150 ml de auga mineral
– 3,3 gramos de bicarbonato sódico
– 2,2 gr de acido tártaro

image

Para facelo, precisamos dun termómetro (eu merquei un no Ikea por 9 euros, pero calquera termómetro de cociña valerá), o azucre, o ácido tártaro e o bicarbonato. Estes dous ingredientes podedes atopalos fácilmente en Mercadona, de feito, eu non dei con el en ningún outro supermercado. Veñen dentro dunha caixa de cor morada, e pon: Gasificante (atoparédelo na sección de fariñas e bicarbonato). Trae 4 sobres de cada e custa 49 céntimos.

Aproveitaremos para facer unha boa cantidade de azucre invertido para non ter que facelo de cada vez, bastará con deixalo nun bote tapado e terémolo dispoñible para usar cando nos faga falla.

Preparación paso a paso:

1. Vertemos o azucre nun cazo, xunto co contido do sobre branco e a auga. Agardamos a que ferva remexendo continuamente. En canto ferva, retirámolo do lume.

image

2. Agora toca controlar a temperatura. Poñemos o termómetro e cando acade unha temperatura de 50 graos, engadimos o contido do sobre morado.
Mesturamos e sairá unha intensa espuma branca que irá desaparecendo ao arrefriar.

image

3. En canto arrefríe, botámolo nun botiño e gardámolo para cando o queiramos volver empregar. Normalmente, para receitas de pastelería, úsase sobre un 15% ou un 20% de azucre invertido sobre o peso do azucre total que nos piden. Por exemplo, se nos podem 150 gramos de azucre, botaremos uns 125 de azucre e 25 de azucre invertido.

———————-

Inverted sugar syrup

What do we need?

– 350 g sugar
– 150 ml mineral water
– 3,3 g baking soda
– 2,2 g tartaric acid

image

How do we do it?

1. Heat in a saucepan the sugar, the tartaric acid and the water. As soos as it boils, take it out and ley it cool.

image

2. Then, with a termometer (there’s one in Ikea for 9 euros), we have to wait until the temperature is 50º C. When it gets this temperature, we add the baking soda. You will now see a froth layer which will disappear when completely cold.

image

3. You can now put it inside a bottle and have it reafy to be used!
If you use it to do pastries, you should add a 15 or 20% of inverted sugar out of the total amount. For instance, if the recipe asks for 150 g sugar, you should add 125 g of sugar and 25 of inverted sugar.

2 Comments

  1. Como no me quedó muy claro cual era la diferencia entre el invertido y el normal, he buscado, y como no, en la wikipedia trae un breve explicación que aclara los conceptos. Os dejo el enlace

    http://es.wikipedia.org/wiki/Az%C3%BAcar_invertido

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.